A Deputación da Coruña acaba de sacar a licitación a obra de ampliación da plataforma e mellora de capa de rodadura na DP 3401, acceso a Berdeogas, no concello de Dumbría,na Costa da Morte, dende o PK 0 ao 1,400, cun orzamento de 232.013 euros.
A obra consiste na ampliación da estrada entre o seu inicio e o PK 0+540, hasta un ancho de plataforma de 7 metros. Neste tramo, inclúese a construción de sendas peonís de ancho variable e dótase a toda a estrada dunha nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente de 5 cm., o que incrementará a capacidade portante do pavimento e mellorará as características funcionais do mesmo.
As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral da Deputación ata o vindeiro 9 de marzo.
Foto- José Manuel Pequeño Castro- Alcalde de Dumbría-Costa da Morte