O ala-pívot senegalés Cheikhouna Kane preséntase o próximo Mércores 30 de Setembro en CONSERVAS CALVO a partires das 17:00 horas
A fichaxe de Kane , que se consumou gracias ao CONVENIO co Club LEYMA BASQUET CORUÑA -Liga LEB Ouro- (o xogador adestrará con ámbolos dos equipos e xogara con Basket Xiria), representa a pontenciación dunha idea clara do club: SER UN REFERENTE NO BALONCESTO DE BASE EN GALICIA. Este xogador con 22 anos e ainda en periodo de formación, encaixa perfectamente nesa filosofía. Ademais reforzará o equipo no xogo interior, para non pasar apuros na categoría e tamén será un referente na imaxe do Club, sobre todo nas visitas a colexios para promocionar o baloncesto carballés e da súa área de Influencia.
Aproveitarase este acto para ratificar un ano máis o Convenio co Club Leyma Basquet Coruña de LEB Ouro, razón pola cal asistirá o seu presidente Juan Carlos Fernández Herrero
O xogador Cheikhouna Kane chega a Carballo procedente do equipo da liga EBA La Sidrería Ferrol CB, no que militou a pasada temporada.
Cos seus 2,04 metros de estatura, Kane, formado nas categorías inferiores do CD Real Club Náutico de Tenerife e o CB Villa de Adeje, é un xogador cun gran físico, unha característica á que Basilio Pampín intentará sacar o máximo rendemento. Na última tempada xogou 26 partidos co La Sidrería Ferrol CB, cun promedio de 9 puntos e 6,5 rebotes nunha media de 26,07 minutos por partido.
Esta é a traxectoria do xogador:
- La Sidrería Ferrol CB (EBA), 2014/15
- Estela (EBA), 2013/14
- Askatuak (LEB Prata), 2013/14
- Cafés Aitona (LEB Prata), 2012/13
- Logitravel Mallorca Básquet (LEB Ouro), 2011/12
- Basquet Mallorca (1ª Nacional Balear), 2011/12
- Iberostar Básquet Mallorca (LEB Prata), 2010/11
- Básquet Mallorca (EBA), 2010/11
Por outra banda, salientar que o equipo Senior Masculino de 1ª Nacional BASKET XIRIA Carballo a un Paso presentarase ós afeccionados ese mesmo mércores ás 20:30 hoas no Pavillón Vila de Noia ante o Basket Coruña, un acto aberto e gratuito para todos os afeccionados ó deporte.
Ademais de Cheikhouna Kane, o adestrador disporá dos mesmos xogadores que acadaron o ascenso a pasada temporada. A nova xeración de xogadores júnior tamén reforzarán o equipo sénior.
A plantilla quedará conformada do seguinte xeito: