O concello de Santa Comba organiza distintas actividades para os vindeiros días
Este martes 30 de decembro a Oficina Municipal de Deportes organiza unha visita á pista de Xeo de Santiago de Compostela.A saída será ás 09.30h diante do Pavillón Municipal de Fontenla.
O mesmo día terá lugar un partido de fútbol solidario, organizado polo concello de Santa Comba, o diario dixital Que Pasa Na Costa, a Cruz Vermella e Ferroatlántica. Será a partires das 20:30 o campo de Fontenla. Xogarán unha selección da Costa da Morte e o Coruxo de Segunda División B. Máis info na web www.santacomba.es
“Feliciano”
O vindeiro venres 2 de xaneiro, desde as 20:30h o salón de actos da vivenda comunitaria de Santa Comba acolle a representación da comedia teatral “Feliciano” a cargo da compañía “Os Sete magníficos máis un”.
A obra, dirixida por Iván Prado, ten como protagonistas aos recoñecidos humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade desenvólvese mediante o programa de “Dinamización Lingüística nas Festas de Nadal” da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello de Santa Comba.