Compromiso por Galicia segue traballando para implantarse na bisbarra de Bergantiños e xa está preparándose para concorrer as eleccións municipais nos concellos de Carballo e Coristanco.
Segundo adianta a web Adiante Galicia nun confidencial, a formación que lidera Xoán Bascuas celebrará as primarias para a elección do candidato ou candidata a alcaldía de Carballo o vindeiro sábado 3 de xaneiro de 2015.
Unha semana máis tarde serán as primarias para elixir a persoa que aspirará a alcaldía de Coristanco. Compromiso por Galicia ten como coordinadora na comarca a Esther Iglesias Barreiro.