Actividades do Nadal en Santa Comba

0
896

Este luns celébrase o Festival de Nadal a cargo da Escola municipal de música moderna, que actuará desde as 20:00h no salón de actos da vivenda comunitaria.

 

As 19:00 terá lugar a presentación dun partido de fútbol solidario que se celebrará o vindeiro 30 de decembro entre o Coruxo e unha selección da Costa da Morte.

 

 

Concurso de Debuxo e Pintura

 

 

A alcaldesa de Santa Comba, María José Pose Rodríguez entregou o pasado xoves os premios do XVI Concurso de Debuxo e Pintura “O Nadal” organizado desde departamento de cultura do concello xalleiro.

 

No acto, que se desenvolveu no salón de actos da vivenda comunitaria, participaron representantes dos centros educativos do concello, así como os premiados, participantes e familiares.

 

RESULTADOS

 

Primeiro premio- Adriana Madriñán Castro- CPR plurilingüe Nosa Señora da Inmaculada.

 

Segundo premio- Milena Mancera Garcés-CEIP Barrié de la Maza.

 

Terceiro premio- Noelia Blanco Calvo. CEIP plurilingüe Pepe de Xan Baña.

 

Accésit:

 

Raluca Constantineasa- CPR plurilingüe Nosa Señora da Inmaculada.

 

Noa Andrade Domínguez- Escola dos Picotos- CRA Santa Comba.

 

Ángel Amado Taborda-IES Terra do Xallas.

 

Co debuxo seleccionado o concello de Santa Comba felicita este ano as festas do nadal. O xurado estivo presidido pola alcaldesa, como concelleira de cultura, María Pose e por Ana Belén Fernández Landeira(Psicóloga do CIM), María Isabel Barreiro Paredes(Dinamizadora cultural), e María Jesús Pérez Vila(Educadora familiar).

 

EXPOSICIÓN

 

O Museo Terra do Xallas acolle unha exposición co traballo das alumnas da escola municipal de Pintura e Debuxo. A mesma pode visitarse as fins de semana (sábados e domingos) do que resta de decembro e durante todo o mes de xaneiro, en horario de  10 a 13 e 17 a 20h-

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí