A Fecom pide unha autovía que nos conecte con Compostela.

0
502

Image

A Federación de Empresarios da Costa da Morte demanda a conexión da Costa da Morte coa capital de Galicia mediante unha autovía. E a tal efecto presentará unha alegación ó Plan de Estradas da Xunta, e pide os concellos das bisbarra que tamén fagan a oportuna demanda.

Primeiro foi o concello de Vimianzo, mediante unha moción presentada no último pleno polo concelleiro nacionalista Manuel Antelo Pazos(BNG) e respaldada por PSOE e PP. Agora e ó traverso dun comunicado de prensa, a Fecom anuncia que vai a presentar unha alegación o Plan Director de Estradas de Galicia, pedindo que se constrúa unha autovía "no treiro Berdoias-Bertamiráns, ou a non poder ser, unha vía de alta capacidade que poida ser desdoblada en autovía cando se considere oportuno".

 

Desde a Fecom, remitirán un escrito os concellos para que estes aproben as respectivas alegacións desde os plenos locais. A entidade que preside José Gabín, tamén convida a tódalas entidades e colectivos da Costa da Morte a que presenten alegacións o citado plan da Xunta de Galicia.

 

No comunicado destacan a importancia que tería esta infraestructura "que non só serviría para achegarnos a capital de Galicia e ó primeiro aeroporto galego, senón tamén para comunicar a Costa da Morte co centro da comunidade e coas Rías Baixas".

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí