Despois dunha fin de semana intensa, Santa Comba convertiuse nun dos epicentros do activismo literario. Un dos grandes das letras galegas, Manuel Rivas, optou por presentar o seu novo libro en Santa Comba. Nun restaurante xalleiro a editorial Xerais convocou a xornalistas de toda Galicia, e despois durante unhas tres horas, Rivas departiu cos seus lectores en Ler Librarías."Os Grouchos"…. Desde Santa Comba para o mundo.
Ó mellor terán que pasar anos para que un autor da talla de Manolo Rivas faga o seu primeiro acto de presentación dun libro, en Santa Comba. E "Os Grouchos" foron presentados un 23 de xuño desde a capital do Xallas para o mundo. Rivas chegou a unha e media a unha restaurante xalleiro, e compartiu unha rolda de prensa-xantar cun grupo de xornalistas de todo o país. Estivo acompañado polo decano dos xornalistas galegos e comunicador de "El Pais" e TVE, Xosé Manuel Pereiro, polo Director de Xerais, Manuel Bragado, e polo Delegado de "El País" en Galicia, Félix Monteira.
Tamén estaban presentes a responsable de Ler Librerías, Isabel Ares e e a responsable de Prensa e Promoción de Xerais, Celia Torres Bouzas. "Os Grouchos" recollen artigos de Manuel Rivas, que afirmou que lle gustaría escribir, de xeito semellante ó andar de Charles Chaplin. Posteriormente, desde as seis da tarde e durante unhas tres horas, departiu cos seus lectores e asinou libros, nas dependencias de Ler Librerías.
Manuel Rivas falou do seu libro, lembrou a súa conexión coa Costa da Morte, manifestando que o "primeiro lugar que fun por elección propia foi a Brañas Verdes e o Cemiterio dos Ingleses", no concello de Camariñas. "A literatura é o escáner da historia", afirmaba un escritor, cuio discurso non estivo exento de referencias a emigración, a unha visión ecolóxica da vida, e a necesidade de non esquencer. "Non hai cousa peor para unha sociedade que practicar a amnesia retrógrada". O Director de Xerais, Manolo Bragado reivindicou o papel das librerías como espacios comerciais especializados, e lembrou un detalle, que desde anosacosta queremos que sexa un dos auténticos fíos argumentais desta historia, que unha localidade como Santa Comba, e non Santiago ou a Coruña acolleran a presentación en primicia desta obra. Pola súa banda, Xosé Manuel Pereiro encetou un discurso moi divertido, e cheo de retranca, que provocou sorrisos e aplausos, dun público entregado. A xerente de Ler Librerías, Isabel Ares agradeceu que un acto desta índole se realizara en Santa Comba, "aínda que levamos anos esperando por el", e agradeceu o apoio da concellería de Cultura de Santa Comba, Javier Facal Calvo, que estivo presente no acto. Tamén se viu na presentación os concelleiros Jacobo Amarelle(PP), José Antonio Ucha(PSOE), Julio Ferreiro(non adscrito), e ós escritores Amancio Liñares, e Luís González Tosar. E os de anosacosta.