Os portavoces vimianceses traballan pola ITV
Os portavoces de PSOE, PP e BNG en Vimianzo están citados a unha xuntanza o vindeiro venres, 2 de novembro, para falar da demanda dun Centro Permanente da ITV, diante do director xeral de Industria, Anxo Ramón Calvo. A proposta xurdiu do Partido Popular e foi apoiada en pleno por tódalas forzas. Incluso había unha cita solicitada polos populares, pero despois a corporación pediu outra entrevista que se materializará este venres.
Os veciños de Merexo piden o amparo do Valedor do Pobo.
Os veciños de Merexo, que amosan a súa contundente oposición a ampliación da actual planta acuícola, seguen coa súa particular loita. Nesta ocasión recorren o Valedor do Pobo, pedíndolle a súa axuda e tamén que se preste a ter unha reunión con eles. Insisten na súa negativa as pretensións da Consellería de Pesca.
A enquisa dos cen días de goberno avanza.
A enquisa sobre os cen días de goberno socialista en Santa Comba, rematará o vindeiro 5 de novembro. Así que convidamos a participar a tódalas personas que o desexen. Tamén ata o 15 de novembro se pode nominar para o concurso da Mellor Orquestra Galega 2.007.