Hevia domina no Rías Baixas

0
930

RIASBAIXAS1

A 46º edición do Rallye Rías Baixas volvíu a ser, como soe ser normal un éxito.

Despois da incertidume inicial, que incluso obrigaba a escudería Rías Baixas a emitir un comunicado a finais do mes de Marzo coa suspensión do rallye, motivado polo falla de apoios ecónomicos, o final estes chegaron co cal se puido celebrar unha nova edición do “Rias” sen duda un dos grandes do nacional de asfalto.

A proba repetíu o mesmo esquema do ano pasado no tocante os tramos, compostos por As Neves (14,35 Km), Covelo (23,62 Km), Fornelos (11,37 Km), Ponteareas (14,77 Km) e Mondariz (17,96 Km) os cales se deron dúas pasadas a cada un deles. Desta forma o rallye contou con 578 Km, dos cales 164 Km corresponden os tramos cronometrados. O cambio este ano foi a ceremonia de saída e entrega de premios dende a praza da Porta do Sol,  na zona centro de Vigo, en sustitución do tramo urbano de Samil, celebradado na pasada edición.

O tempo non invitaba o optimismo, pois amencía con ceo nubrado e con posibilidades de choiva, como así acontenceu no transcurso do día, facendo que a elección de neumáticos xogase un papel determinante.

No terreo deportivo o rallye presentabase, dentro do grupo de cabeza, coa baixa do Subaru Team España, co cal se perdía a posibilidade de ver a Ojeda, gañador da anterior proba do campionato en Cantabria. Pero sen duda a ausencia máis importante e a máis destacada foi a dos irmáns Vallejo, desvinculados do equipo Nupel a unha semana do rallye, e cando ocupaban o segundo posto da xeral provisional do campionato. Esto deixaba o Rías un pouco conmocionado, o non poder contar cun dos pilotos máis queridos pola afección galega, a cal lles mostrou os Vallejos o longo da  semana e mesmo no transurso do rallye, os seus mensaxes de apoio e ánimo, para que poidan rematar esta tempada en condicións. Esperemos que haxa sorte.

Outra das novidades da proba era a posibilidade de participar coa licencia galega, encadrados dentro dun meeting autonómico, co cal serían un total de 69 participantes os inscritos no Rías, dos cales 61 estarían encadrados no meeting nacional e 8 no citado autonómico.  Conseguiron rematar 46 participantes nun rally sen incidentes salientables,

aínda que con algunha que outra saída de pista.

1ª sección:

O primeiro tramo da mañá, As neves, os galegos impoñían un ritmo alto, tratando de presentarlle guerra os pilotos foráneos, así Meira (Mitsubishi Evo X) facía o mellor tempo seguido de Victor Senra (Mitsubishi Evo X) e Berti Hevía (Skoda Fabia S2000). Burgo (Mitsubishi Evo X)  sería cuarto e Fuster (Porsche 911 Gt3) noveno, non moi cómodo co coche alemán por este tramo estreito e complicado.

En Covelo, o tramo máis largo, e que presentaba zonas molladas e outras secas, Hevía marcou o scratch, seguido de un espectacular Jonatan Perez (Peugeot 207 S2000) e terceiro sería Burgo. Vinyes (Suzuki Swift S1600) ocuparía a cuarta praza e Meira a quinta. Fuster non daba collido o ritmo de carreira e terminaría no posto 11.

Victor Senra, o que parece que non o acompaña a sorte no Rías, quedaba fora de carreira por un problema na caixa de cambios, no mesmo sitio onde xa se quedara tirado o ano pasado.

2ª sección:

Segunda pasada por as Neves, e novo scratch de Hevia, con Meira apretando e parando o crono a 2 sg do gañador. Burgo terceiro, mantendo o ritmo, e Fuster cuarto, nun tramo moito máis mollado que na primeira volta. Jonatan Pérez sería quinto.

O tramo de Covelo volve a ser para Hevia, con Fuster a 10 seg. e Meira co terceiro mellor tempo. Burgo cuarto e Jonatan Pérez quinto.

Na primeira pasada por Fornelos, Fuster xa está perfectamente aclimatado e marca o scratch, seguido de Meira e Hevia con diferecias da apenas 2 seg. co gañador do tramo. O cuarto e quinto posto siguen asignados os mesmos homes, Burgo e Jonatan.

 RIASBAIXAS2

Resumo matinal:

Trasncorrida a metade do rallye, Hevia e o seu Skoda S2000 son os grandes dominadores e parece que solo Alberto Meira lles pode plantar guerra nos tramos da tarde. O de Vincios, está realizando un rallye fantástico, comentando a final de sección que se encontra moi cómodo e que está disfrutando moito. A diferencia con Hevia é de 37 seg.

No lado contrario Miguel Fuster empezou bastante mal a mañan, nada cómodo coas húmidades dos tramos matutinos, aínda que empeza a recuperar e todo indica que a tarde vai a correr moito para intentar facerse cun oco no podium. Neste momento figura quinto a 1:55 seg. de Hevia.

Pedro Burgo ocupa o terceiro posto a 1:07 seg de Hevia e 30 seg de Meira, pero ten a Jonatan a apenas 8.2 seg. e o seu rendemento non parece moi estable, co cal ese terceiro posto parece peligrar.  A 39.5 seg de Jonatan está Vinyes seguido de Xabier Lujua a 10:7 seg. que está a facer un rallye moi bo, indo de menos a máis.

3ª Sección:

Na segunda pasada por Fornelos Hevia volve apretar e marca o scratch, con Fuster a 2 seg e Meira a 8.6 seg. Fuster segue a aumentar o ritmo e cada vez remonta máis segundos, mentres Meira cómodo nesa segunda praza o mantén. Jonatan Perez e Lujua son cuarto e quinto respectivamente, e no sexto posto entra Burgo, que ve como vai peligrando cada vez máis ese terceiro posto que ocupa na xeral.

A primeira pasada por Ponteareas Fuster marca o mellor tempo, seguido de Hevia e Meira, que comenta que ten algún problema no coche. Na tónica de outros tramos cuarto entra Burgo e quinto Jonatan Perez cun tempo moi parexo.

Mondariz supón o último tramo desta terceira sección, é unha réplica nos tres primeiros postos con relación o anterior tramo, Fuster, Hevia, Meira. Jonatan faise co cuarto posto mentres que Burgo é quinto, continuando esa bonita loita que mantén co piloto do 207 S2000.  O andorrano Joan Vinyes sufre neste tramo unha picada que o afasta do sexto posto que ocupaba unha vez comenzada a tarde, eso si, segue ocupando o primeiro posto en espectacularidade, deleitando os afeccionados alí por onde pasa.

Neste tramo tamén abandoaba Gorka Antxustegui, por saída de estrada. Mal día po piloto vasco que xa sufrira unha penalización de 1:30 seg pola mañá

4ª sección:

Segunda pasada a Ponteareas, nun tramo que xa sentenciaba un pouco o rallye. Hevia nun golpe de autoridade marca o mellor crono, seguido de Fuster que despois de unha sufrida remontada iniciada a media mañán, consegue aquí o segundo mellor tempo cunha diferencia suficiente para auparse o terceiro posto da xeral, adiantando a Burgo e a Jonatan Perez , que aquí serían terceiro e cuarto respectivamente. Meira administra a súa mecánica e a sua a vez a ventaxe entrando no quinto posto, e mantendo a Fuster a 51 seg. na xeral. A mala sorte collíu desta vez a Lujua que tivo que abandonar no enlace por un problema na gasolina, momento no que lideraba a Evo Cup.

O último tramo, dominado por Fuster, seguido de Hevia con Meira quinto, tivo que afloxar para salvar a mecánica, deixou as posicións finais como estaban xa no anterior En terceira posición entraba Burgo seguido de Jonatan Perez.

 RIASBAIXAS3

Podiúm

Gran rallye para Alberto Hevia – Iglesias  dominadores absolutos de principio a fin, no cal os asturianos realizaron un rallye sen fallos e co Skoda funcionando a perfección.  Tamén moi destacado foi o papel dos locais Alberto Meira – Alvaro Bañobre que lle plantaron guerra a Hevia e que remantaron na segunda posición do podium. O tercer posto de Fuster – Aviño sen duda salientable e importante de cara o final do campionato, despois de comenzar fatal pola mañán e ter que remontar o largo do día.

Pedro Burgo – Burgo, estiveron gran parte do día ocupando o terceiro caixón do podium pero non poideron aguantar a remontada de Fuster, nun rallye no que según o piloto de café Candelas non se encontrou cómodo para poder rodar o máximo, como soe ser habitual nel. Jonatan Perez – Velasco, realizaron un gran rallye e estiveron sempre neses postos de cabeza, e nunha dura loita con Burgo, rematando quintos, polo cal creemos que é un bo resultado, aparte de practicar unha conducción agresiva e espectacular.

Sexto posto para Joan Vinyes – Mercader, gañadores do grupo A e da categoría de dúas rodas motrices, así como o gran recoñecemento do público a súa espectacularidade.

Séptimo posto para Mantecón – del Barrio (Mitsubishi Evo X), a súa vez que xe fixeron co primer posto da Evo Cup e oitavo posto para Arias – Arias (Renault Clio R3) que correron moito o largo do día, e gañaron a Clio Cup R3.  O noveno posto sería para Bruno Meira – Rodríguez (Mitsubishi Evo X) un gran posto sen lugar a dudas neste debut co Evo X nunha proba do nacional e que de seguir con esta progresión seguro que en breve teremos un gran piloto loitando forte no nacional de asfalto. Cerramos este top ten con J. Suarez – Carrera (Renault Clio R3).

Mitsibishi Evo Cup:

Victor Senra, que viña de gañar en Cantabría era a priori un dos grandes favoritos a gañar esta copa na cita galega, a cal non acudían nin Fran Cima e Rubén Gracia, que son os dous primeiros clasificados na xeral da copa. Senra marcaba o mellor tempo no primeiro tramo, pero no segundo rompía o cambio o pouco de comenzar o tramo, co cal o máximo favorito quedaba fora de carreira.

Esta circunstancia aproveitaba Xabier Lujua para auparse a primeira posición, seguido de Mantecón e Araujo. Lujua manteríase lider o largo de todo o día ata o penúltimo tramo do rallye, a segunda pasada por Ponteareas na que xa non puido correr, dado que se quedou tirado no enlace o tramo por un problema de gasolina. Mantecon nese momento pasa a liderar a copa, e finalmente gañala, secundado por Araujo e Ramos, sendo o final estes tres participantes os únicos en rematar a proba, despois de haberse iniciado con 6 coches.

Clio Cup R3:

Este trofeo foi un monólogo de Arias de principo a fin gañando tódos os tramos, agás o segundo que o gañou Suarez, que a súa vez foi segundo en todos, menos o mencionado, e Cesar Palacio terceiro. Polo tanto a clasificación final, foi unha réplica da orde de incritos con Arias, Suarez e Palacio.

RIASBAIXAS4

Suzuki Swift:  

Aitor Fernández comenzou gañando o primeiro tramo, e facendo o segundo mellor tempo no seguinte, pero problemas de freos fixeronlle baixar o ritmo e tivo que abandoar o primeiro posto da xeral, no terceiro. Este posto pasaría a mans do piloto local Pablo Pazó que xa non o abandonaría ata o final do rallye. Pujol e Pablo Rey destacaban como os seus máximos perseguidores situandose o final da mañan a 24.8seg. e 28 seg.

A tarde esperabase unha gran loita polo primeiro posto pero Pazó conseguiu aguantar as embestidas, mentras tanto tramo a tramo Rey presionaba máis a Pujol o cal conseguía rebasar e facerse coa segunda praza no séptimo tramo, pasando Pujol a terceira e remantando así a xeral do trofeo, Pazó, Rey e Pujol,

Por detrás remataban Perez e Blanco, cunha diferencia de 0.7 seg. entre eles pero xa moi distanciados dos tres postos de cabeza.

Destacados:

Alvaro Muñiz foi o gañador da categoría R2 e ademáis de forma destacada, sendo moi agresivo e quedando 13 da xeral. Esperemos que este bo papel teña premio dentro do seu equipo. Tamén se ve cada vez máis adaptada os rallyes a Marta Suria, que parece que vai facendo bos progresos na súa primeira tempada no asfalto.

Debut cun terceiro posto para o novedoso Twingo R2 de Quesada,  un coche que aínda debe evolucionar.

Un bo rallye o protagonizado por Jose Calvar (Peugeot 206 Xs) moi rápidos o largo do día acadando o posto 20 da xeral. E por suposto como colofón final hai que destacar a Victor Magariños no seu imponente M3, que gusto velo e oilo, todo un espectáculo.

 RIASBAIXAS5

O meu “Rías”

 

En primeiro lugar, creo que o primeiro posto da xeral temos que darllo a escudería Rías Baixas por sacar adiante o rallye, despois de todos os problemas surxidos. Sen duda o “Rías” volviu a ser un éxito organizativo, gracias a escudería e as moitas persoas que colaboraron co “Rias” dalgún xeito, no cal tamén debemos incluir os miles de afeccionados que estiveron ben colocados e facilitaron o desenvolvemento do rallye.

 

Esperemos que a raíz de esto as autoridades e as institucións pertinentes axunden en tempo e forma a un deporte que move milleiros de seguidores, e que aporta unha repercusión turística moi importante.

 

Tamén vexo destacado que o non poder realizar a especial de Samil se decidise facer a ceremonia de saída e chegada dende o centro de Vigo, de forma que o rallye poida ter impacto en persoas non tan afíns a este deporte, aínda que habrá moitos descontentos, e que o rallye repercuta no comercio da cidade. Sen duda creo que foi unha gran idea.

 

Outro punto destacado foi o acordo alcanzado por ambas federacións Española e Galega no tocante as licencias,  como xa comentamos. Esperemos que pouco a pouco todos estes problemas federativos se vaian soluccionando de tal forma que os pilotos e escuderías se vexan beneficiados e este deporte vaia a máis.

 

No lado menos positivo, quizaís este foi un rallye un pouco descafeinado, dada a ausencia de Vallejo, Ojeda e a repentina perda de Victor Senra, un dos grandes alicientes despois do seu resultado en Cantabría, pero bueno esto son lances do xogo, como se soe decir, e penso que o final o espectador disfrutou dun gran rallye.

 

Vémonos en Ourense.

 

Agradecementos: Jesús Martínez “Chuchi”

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí