Senra – Suarez / Peugeot 306 Maxi Foto: Jesús Martínez
Esta pasado fin de semana disputouse o XXVI Rali de Noia que discorreu polas terras de Noia, Lousame, Serra de Outes e Porto do Son situándose o centro neurálxico do rali en Noia. O percorrido contou cun total de 289,175 Kms dos cales 100,650 Kms corresponden os 4 treitos cronometrados realizandose dúas pasadas a cada un deles.
Nesta edición do 2010 e como ven sendo habitual nestes últimos anos, a numerosa lista de inscritos uniuse Manuel Senra copilotado como sempre por Faustino Suaréz para disputar o rali de “casa”, que de segura quedará como un grato recordo na súa memoria, xa que precisamente en Noia diversos problemas mecánicos lle impediron rematar o rali en pasadas edicións, obtendo este ano unha merecida victoria.
A mañan invitaba a pensar que faría un bo día pola zona, xa que o sol amosabase entre unhas nubes que non ameazaban auga, pero que as últimas horas da tarde descargaban uns pequenos chuvascos que logo xa pasarían a choiva contínua o final do día.
O rali desenvolviuse sen incidentes salientables salvo saídas de pista que a final do día non traían consecuencias físicas para os participantes, aínda que si mecánicas nalgúns casos. Isto provocou un retraso de unha hora no comenzo dos tramos da tarde. Con todo de 127 inscritos remataban a proba 77 participantes, nun rali que se corre na maior parte dos treitos a altas velocidades.
A participación de Senra xunto os habituais do campeonato, facía pensar que se presentaría unha dura loita nos postos de cabeza, frente a Bamarti, Vilariño, Meira e Ares como así aconteceu nos primeiros tramos os que se unirían Diego Cabanela cun Mitsubishi Evo VIII e tamén un reaparecido Luis Penido, Mitsubishi Evo VI, que se situaba cerca deste grupo de cabeza.
Xusto no último tramo da mañan, a segunda pasada por San Paio, tanto Ivan Ares como Meira sufrirían sendas picadas que os afastaban dos postos de podio, xa que perderían moitos minutos.
Comenzaron os tramos da tarde cunha dura loita entre os pilotos dos Peugeot 306 Maxi, Senra e Bamarti como máximos aspirantes o primeiro posto do podium marcando uns tempos moi igualados o cabo dos catro tramos disputados. O final Senra acadou o primeiro posto, por tan so 1.6 segundos sobre Bamarti, o cal estivo a piques de gañar o rali de non ser por un semi-trompo que lle fixo perder uns valiosos segundos no último tramo do día. O terceiro posto sería para Cabanelas que fixo un rali moi meritorio indo de menos a máis no seu regreso a competición.
No cuarto lugar quedou Meira, despois dunha gran remontada, na que gañou 3 dos catro tramos da tarde, obtendo uns valiosos puntos que o manteñen como lider do campionato. Ivan Ares tamén o intentou ata que o diferencial traseiro rompeu o final do segundo tramo da tarde onde tamén tivo que abandonar Luis Vilariño, por rotura de embrage.
O quinto posto foi para Luis Penido, un gran resultado dado a competencia de mecánicas e o estar afastado dos ralis todo o ano pasado, competindo so no galego de montaña. Dentro deste top ten tamén hai que destacar a Miguel Paredes cun Peugeot 206 Xs que ficou no noveno posto, despois de realizar un rali sin erros e atacando o máximo o largo do día. O décimo posto foi para Andres Cal, Mitsubishi Evo X.
Por último tampouco nos debemos de olvidar da gran actuación do piloto local Lisi Abelleira, sen duda un dos máis espectaculares cando corría co Peugeot 205 e que agora cambiou por un Citroen Saxo, co cal vai moitísimo máis rápido, aínda que segue deixando algunha pequena concesión o espectáculo
COPAS:
– Ten Top Driver Pirelli: O gañador foi Alberto Meira, seguido de Andrés Cal ocupando o terceiro escalón Javier Cousiño. Bruno Meira que debutaba neste copa cun Mitsubishi Evo IX, co que corriu ata a tempada pasada Alberto Meira, tivo que abandonar no penúltimo tramo da tarde, cando estaba a realizar un gran rali.
– Volante Racc: Os irmáns Bello, Citroen C2, conseguiron en Noia a sua terceira victoria da tempada, cunha gran autoridade xa que gañaron os 8 tramos o largo do día. Aínda que so van tres ralis disputados todo parece apuntar a que os Bello se farán co título deste Volante 2010, dada a gran fiabilidade de conducción e mecánica que estan a amosar.
A segunda posición foi para Fran Lago, Citroen C2, repetindo o posto acadado en Lalín e o terceiro lugar para Tino Iglesias, Citroen Saxo, obtendo uns puntos moi valiosos de cara o campionato.
– Copa Kumho: Sen duda esta copa foi unha das máis disputadas na que o final apenas 3 segundos decidiron a victoría a favor de David Garcia, Peugeot 106, fronte a Álvaro Figueira, Citroen Saxo. De igual forma a loita polo terceiro posto estivo moi apretada o largo do día quedando David Silva, Citroen Saxo, por diante de Ruben Guerreiro, Peugeot 106, con apenas 1.5 segundos de diferencia. Estac copa estase a presentar como a máis disputada do campionato, con moi bos pilotos loitando o segundo en cada rali.
– Curuxarallye-Piston Cup o gañador foi Sergio Tabeayo, Peugeot 206, seguido de Marcos Rodríguez Volkswagen Golf GTI e no terceiro posto,Adrian Mariño, Peugeot 205 Rallye.
Clasificación final:
http://www.temposfga.es/var/lib/samiportal/pub/addons/file/XXVIRalnoia-ClasificacionFinalOficial.pdf
OPINIÓN:
Despois de tres probas disputadas, da a impresión de que este campionato vai estar bastante competido, sempre que as mecánicas respeten os seus propietarios. O titulo de campión galego de ralis da a impresión que vai a ser unha loita sen cuartel entre Meira e Bamarti, con Vilariño e Ares cubrindo os postos posteriores. Nas copas os irmáns Bello, parecen uns claros favoritos a levarse o volante Racc, así como Meira a Top Ten Driver, mentres que na Kumho a loita semella que vai ser cousa de varios pilotos, o igual que o trofeo de debutantes.