Esta fin de semana disputouse o XVI Rali do Cocido polas frías terras da comarca do Deza, con centro neurálxico no pobo de Lallín. O percorrido contou cun total de 463.1 Kms dos cales 116,4 Kms corresponden os 5 treitos cronometrados a dúas pasadas por cada un deles.
XVI RALI DO COCIDO
Sen duda esta edición foi bastante dura para tódolos participantes dado o estado resbaradizo que presentaban parte dos tramos, os cales non axudou nada as condicións climatolóxicas con moito frío e as intermitentes choivas, máis alguna pequena granizada a final do rali que determinaría a clasificación final.De feito foron moitas as baixas a final do rali rematando uns 63 participantes dos 115 incritos inicialmente na proba. Resaltar que pese as numerosas saídas non hai que destacar danos persoais.
Ante a ausencia de Pedro Burgo, que vai facer o nacional de ralis a bordo dun Mitsubishi Evo X, o rali presentábase como un man a man entre Meira (Mitsubishi Evo X) e Ares (Mitsubishi Evo VIII) os cales se unirían Bamarti (Peugeot 306 Maxi) e Vilariño (Renault Megane Kit Car) así como a presencia de Roberto Blach co seu precioso Skoda Octavia WRC no seu regreso o galego de ralis. Fernado Rico (Mitsubishi Evo VIII), Javier Ramos (Mitsubishi Evo X) e o sempre espectacular Victor Magariños (Bmw M3 E-30) tamén tiñan as súas opcións a figurar nos postos de cabeza.
A proba comenzou co dominio de Meira, pero unha rotura dun palier traseiro na segunda sección, retrasouno ata a cuarta praza. Nestos momentos lideraba a proba Ivan Ares, seguido de Bamarti, moito máis enchufado que na Ulloa, e Luis Vilariño que cada vez se ve máis acoplado o seu Megane Kit Car. O quinto posto era para Fernando Rico, estando todos estes pilotos con unha diferecia de apenas 8 segundos. Quen se quedaria fora de carreira sería Blach, despois de unha pequena saída de pista que o deixaba coa dirección tocada.
Despois desta segunda sección o baile nos postos de cabeza foi continuo e moi disputado alternadose no podium Meira, Vilariño, Rico e Bamarti, con Ares tamén moi cerca. O final Meira conseguía a súa segunda victoria por tan so 2.2 seg sobre Bamarti, con Ivan Ares no terceiro caixón do podium. O cuarto posto foi para Luis Vilariño, e o quinto para Fernado Rico.
Tamén debemos destacar unha moi boa actuación de Javier Ramos sexto posto, (e cada vez mellor adaptado o seu Mitsubishi Evo X) de un espectacular Martin Bello que rematou séptimo, e do reaparecido e moi espectacular Javier Martinez Carracedo que non entrou neste top ten por apenas 1 seg. co xa clásico Renault 5 Gt Turbo.
COPAS:
– Ten Top Driver Pirelli: O gañador foi Alberto Meira, seguido de Alberto Pais (como xa acontecía no anterior rali da Ulloa) ocupando o terceiro escalón Yago Varela
– Volante Racc: Martín Bello (Citroen C2) foi o gañador deste trofeo despois dun sensacional rali no que sempre foi a fondo, a pesares das baixas de Alberto Otero e Celestino Iglesias, dous pilotos que lle opuxeron moita resistencia no anterior rali da Ulloa. Bello incluso fixo o mellor crono xeral no quinto tramo, favorecido polos diversos contratempos (asfalto húmido, algún trompo) dos pilotos de cabeza de carreira.. A segunda posición foi para Fran Lago (Citroen C2) e a terceira para Marcos Rodríguez (Citroen Saxo) por tan só duas décimas fronte a José Lista (Peugeot 206) nun final moi apretado.
– Na Copa Kumho a victoria foise para Alvaro Méndez (Peugeot 106) seguido por Ruben Guerreiro (Peugeot 106 Rallye) e terceiro posto para David Figueiredo, que despois dun día cheo de atrancos, conseguía chegar a meta e subir o podium. Destacar a gran progresión que está tendo Ruben Guerreiro, o que fora o virtual gañador do trofeo de debutantes CuruxaRallye do ano pasado, e que unhas serie de cuestións antideportivas por parte do organizador de dito trofeo, o privaron de desfrutar do seu merecido premio.
– No trofeo dos debutantes o Curuxarallye-Piston Cup o gañador foi Marcos Rodríguez (Volkswagen Golf GTI) seguido de Amancio Veiga González, (Peugeot 106) e de José R. Domínguez Alonso (Citroen Saxo)
– Tamén participou neste rali o piloto de Carballo, Jose Manuel Souto como preparación á súa nova participación na Copa Suzuki Swift nacional, quedando segundo da sua clase, por detrás do seu compañeiro no trofeo Suzuki, Pablo Rey.
Clasificaón xeral:
Xa con duas citas do campionato galego rematadas, parece que está tempada o titulo vai estar disputado, pois aínda que Alberto Meira, leva duas victorias, tamén podemos comprobar que os pilotos que estan por detrás del van a dar moita guerra no que queda de campionato. Isto sen duda é unha moi boa nova para tódolos espectadores que desfrutamos dos ralis, pois canto máis competidos estén, máis bonitos e espectaculares son.
O lado negativo que nos deixa o rali do cocido, e que tristemente se ven a repetir unha e outra vez por tódalas comarcas ralisticas de Galicia, é a cantidade de xente que asiste e que co seu comportamento demostra que non lle gusta este deporte e o que é peor que non o respecta. Refirome a todos esa xente que está mal colocada nos tramos, que está borracha e molestando e insultando a pilotos, organizadores o outros espectadores, que non sigue as indicacións da organización do rali, que aparca mal os seus coches privando logo a saída dos que si están ben aparcados, que corre no seus coches polos tramos de enlace poñendo en perigo a vida de outros conductores, e a todos aqueles que deixan todo cheo de lixo ali onde están, ou destrozan as pertenzas da xente da zona por onde transcurren os tramos. Toda esta xente o mellor que pode facer para o seguinte rali e quedar na casa ou lonxe dos tramos e deixar disfrutar os afeccionados que realmente lles gustan os ralis e os respetan.
Vémonos en Noia, o próximo 17 de Abril.
Crónica: Richi
Agradecementos e fotos: Jesús Martínez.