Novidades da semana en Anosacosta Motor
AUTOCROSS
Esta fin de semana debería de haberse celebrado a primeira carreira do campionato galego de autocross
pero foi suspendida. O motivo, según o comunicado emitido pola fga, foi o inesperado finamento de Dona Mercedes Vazquez, aboa do presidente da escudería Todo Motorsport, organizadora do evento. Por outro lado
tamén se achacaba esta suspensión as malas condicións climatoloxicas previstas para o sábado.
En outro orde de cousas é aínda que na nosa previa a tempada 2010 xa falábamos dos problemas orixinados
este ano no autocross, podemos decir que o final non houbo solución entre os afectados e a fga.
Desta forma estase a elaborar o proxecto para realizar un campeonato de autocross paralelo baixo o
amparo das licencias da federación española, para todos aqueles pilotos que non queiran competir baixo as
discutibles normas da fga.
RALI
Esta fin de semana dispútase o III Rali Comarca do Ulloa e xa está dispoñible a lista de inscritos dun total de 108 equipos participantes. Non fallará ningún dos pilotos con opción a loita pola xeral do campionato galego como Pedro Burgo, Luis Vilariño, Bamarti, Pablo Rey, Meira. Tamén destaca a presenza do asturiano Jonathan Pérez cun Peugeot 207 S2000. Nas diversas copas teremos 6 inscritos na Top Ten Driver, uns 16 participantes no volante Racc, 23 participantes Copa Kumho e 8 debutantes no trófeo CuruxaRallye- Piston Cup.
Esperemos que o tempo acompañe un pouco a esta 1º cita e que todo transcurra sen incidentes.