Estrenamos sección do motor

0
742

Motor Anosacosta

Motor Anosacosta

 

Anosacosta segue crecendo, e neste ano 2010 teremos unha importante novidade informativa. Da man do noso colaborador Richi, teremos xornada a xornada as súas crónicas do mundo do motor. Presentamos nesta ocasión o informe previo da Tempada 2010.

Habilitamos o correo da nosa sección motor@anosacosta.es , para os que queirades enviar calquer información ó respecto.

RALI

A tempada de ralis do campionato galego 2010 prevese moi intensa e competida. Os pilotos habituais do certame únese este ano o que será unha nova copa, denominada
Top Ten Driver na que compitirán os Mitsibishi Lancer de grupo N en calquera das suas evolucións, coas especificacións de neumáticos que otorga esta copa.

No volante Racc e na copa Kumho (que sustitue o anterior trofeo Driver Center) competirase en ambas con neumáticos Kumho.

Outra das novidades para este ano será a orde de saída dos participantes nas distintas copas na cal primarán os mellores clasificados das copas e se agruparan de forma que non haxa perxuizo de que os máis lentos dunha copa freen os máis rápidos da copa que sae detras.

No tocante os ralis a disputarse serán 9, comenzado a tempada coa celebración do III rali comarca do Ulloa o próximo día 20 de Febreiro.

AUTOCROSS

A tempada de autocross empezou un pouco movida dado que se establece un único proveedor de neumáticos para todos os participantes en turismos, un formato que parece ser que perxudica a unha maioria de participantes e favorece a outros. Tamén
se establece un precio excesivo polas licencias para poder correr ademáis de que se crea unha licencia especial para asistencia. Levaronse a cabo diversas reunións entre as partes implicadas, pilotos e fga, para tratar de solventar estes problemas, aínda que de momento non temos noticias concretas de como vai quedar a cousa.

Prevese a participación dos habituais do campionato, salvo algunha baixa de pilotos que van a debutar nos ralis, así como a incorporación de novos debutantes nesta categoría.

A tempada desenvolverase nos circuitos habituais contando cun total de 13 probas. Sta Comba, O Castro, Arteixo, Laracha, Carballo organizarán 2 probas mentres que o circuito Xacobeo, en Santiago, organizará 3 probas sendo ademáis o circuito que vai abrir a tempada o próximo sábado 13 febreiro.

MONTAÑA

No campionato galego de montaña producese un dos cambios máis salientables dado que se unifica o campionato galego de montaña co trofeo de montaña, como acontecía fai uns anos. Esto crea un campionato único con 17 probas, e como en todo, hai que está a favor do cambio e quen estaba máis interesado en que seguira como estaba, con dous campionatos paralelos para poder correr naquel que millor lle favorecese as súas posibilidades deportivas ou económicas.

O campionato empezaría o dia 7 de marzo coa subida a Touro, desenvolvéndose unha subida prácticamente cada 15 días.

 

Moita sorte para tódolos proxectos e esperamos que os problemas surxidos poidan ter unha solucción que beneficie a todos, aínda que isto é imposible, e que nesta nova tempada 2010 se poida disfrutar dunha boa competición en calquera destas categorías, na que sempre esté presente o espíritu deste deporte. Competición e deportividade.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí