Paixón futboleira no treito final da tempada

0
681

DSC04209

Varios focos de atención no fútbol comarcal.

foto de Archivo

 

 

Preferente Norte

O Soneira logrou certificar a continuidade na categoría e ao Xallas non le falta moito, pero terá que agardar a última xornada. Unha victoria valería aínda que se o Ourense confirma o ascenso o vindeiro sábado a misión estaría cumplida para os de Iván Cancela.

 

Xallas-6-Unión-0-

Soneira-3-Santa Comba-1-

Dumbría-0-Boiro-4-

 

Copa da Costa

Camariñas-2-Corme-2-

Cabana-0-Dumbría-2-

Cee-2-Xallas-1-

Soneira-2-Santa Comba-5-

 

O Corme acadou un bo resultado na súa visita o Hermanas Patiño. Logrou sair vivo e obter un resultado positivo, e marcando dous goles a domicilio, que foron cousa do airete Alejo. E a piques estiveron de vencer os percebeiros. No minuto 90, empataba Javi de penalti.

 

O Dumbría puxo pe e medio nas semifinais vencendo nas Redondas o Cabana, con dous tantos de Luís. Os dumbrieses con varios xuvenís no once e o Cabana coa mente noutro competición.

 

O Cee superaba ao Xallas por 2 a 1 e a eliminatoria queda aberta para a volta en Fontenla. E o Santa Comba case sentencia en Vimianzo cun 2 a 5 e ante un Soneira que esta fin de semana tiña como misión asegurar a continuidade na Preferente. Agora ten a difícil papeleta de tentar remontar ante o clube laranxa querealizaou unha moi boa campaña na Preferente.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí