Víctor Espasandín Facal concedeu unha entrevista a Anosacosta que podes ler aquí
ESPASANDÍN: “TEÑO CLARO QUE NIN EU VOU CAMBIAR O FÚTBOL NIN O FÚTBOL ME VAI A CAMBIAR A MIN”
O noso admirado Víctor respostou as preguntas que lle formulamos desde Anosacosta.
P-Víctor vaise para a Primeira División chipriota.¿Como foron as cousas e cal é o motivo desta decisión?
R-A decisión de marchar para Chipre débese a que ahora mesmo é a mellor opción que teño, posto que o Barça non se puxo en contacto conmigo para unha posible renovación nin tampouco tiven ofertas de peso doutros clubes. Ademais gústame a idea de poder xogar nun equipo punteiro de primeira división (Chipre) coa posibilidade de xogar algun partido contra rivais europeos xa sexa ben champions ou europa league.
P-¿Que sabes do Omonia?
R-De momento non conozo moito ao Omonia pero faláronme moi ben deste clube. Ten unha gran historia no seu país cun montón de titulos e cunha gran aficion. Mais adiante intentarei coñecelo un pouco mellor xa que ahora o unico que me preocupa é a consecución do ascenso a 2ª Division co Barça Atletic, e eso pasa por gañar ó Jaen este sabado no Miniestadi.
P-¿Cando eras pequeno soñabas con vivir do fútbol?
R-Teño que reconocer que nunca imaxinei que algun día poderia estar vivindo do fútbol. Certo é que de pequeno gustábame moito o fútbol ( ainda me gusta claro está) pero nunca se me pasou pola cabeza que podia chegar a ningún sitio. Tamén é verda que se hoxe estou donde estou foi gracias a un gran sacrificio tanto meu coma da miña familia e amigos que sin toda esa xente que me axudou nunca poderia estar aqui.
P- Nesta web temos moitos lectores de Santa Comba, dos cales sabemos que son tamén bastantes os que te segue.¿Que lles dirías?
R-Pois darlle as gracias á xente que me sigue e me apoia desde Santa Comba. É un orgullo para min levar o nome da miña aldea e do meu pobo alá por onde vou. E nada mais, solo teño unha cousa moi clara, nin eu vou cambiar o futbol nin o fútbol me vai cambiar a min.