“O Dumbría é o favorito para a Copa”

0
433

bertosuarez

Berto adestrará o Ponteceso a vindeira tempada. O técnico camariñán fixo o seu pronóstico para a Copa.

 

Berto, novo adestrador do Ponteceso

 

Alberto Suárez Fuentes será o adestrador do Ponteceso para a vindeira tempada. Despois “dun ano no que vin fútbol con tranquilidade”, chegou a un acordo coa entidade que preside José Manuel Mato:

 

“Xa houbo sete ou oito intentos do Ponteceso pero nunca se chegou a nada. Agora está todo feito e vou con toda a ilusión para ver se podemos ver o Ponteceso na Primeira Autonómica”.

 

Comenta que se manterá o bloque e que o Ponteceso parte en principio coma un dos aspirantes: “Haberá poucas caras novas. O groso vai seguir e teóricamente somos candidatos para volver a subir”.

 

Sobre a Copa da Costa

 

Para Berto o Dumbría é o grande favorito para gañar a Copa da Costa e cree que entre Ponteceso, Cee e Camariñas pode estar a outra praza de finalista

“Para mín o auténtico favorito a gañar a Copa da Costa é o Dumbría. Senón sería un pau moi grande senón é capaz como mínimo de chegar a final. Despois hai tres equipos que poden chegar a final como Ponteceso, Cee e Camariñas”.

 

Na foto Berto na súa etapa como adestrador do Sporting Zas.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí