Entrevista a Amadeo Espasandín (Xallas C.F.)

0
618

amadeoespasandin

Ofrecemos unha longa entrevista co tesoureiro do Xallas C.F., Amadeo Espasandín, e onde nos fala de tódolos asuntos relacionados co equipo verdinegro

ENTREVISTA A AMADEO ESPASANDÍN:

 

Desde Anosacosta agradecemos a amabilidade do directivo do Xallas e o feito de que nos concedera esta entrevista.

 

1-Estamos na recta final da Liga da Costa. ¿Cómo se vive dentro do Xallas?

Estamola vivindo con moita tranquilidade, sin salirnos do guión con respecto a toda a temporada. Non por ser final de temporada e pola posición que ocupamos na clasificación se cambiou a forma de traballar, algo moi importante baixo o meu punto de vista.

A nivel de xunta directiva seguimos tendo o mesmo plan de traballo que a principios de temporada e a nivel deportivo o equipo segue tamén co mesmo modelo de traballo que Vicente diseñou alá polo mes de Agosto cando comenzou a pretemporada.

En este sentido estábamos todos moi concienciados de que a Liga dura trinta e catro xornadas e de que todolos partidos son importantes do primeiro ó último. E en eso estamos, disputando cada punto en xogo coas mesmas ganas que cando empezamos alá polo mes de Septembro a Liga contra o Muros.

  1. Ainda que a Liga está complicada o Xallas ten case tódalas bazas para disputar a promoción, polo que o obxetivo de ascender está o alcance. ¿Qúe balance fas?

O Xallas pola sua historia creo que está cumplindo co papel que se lle exixe na Liga da Costa, que é estar peleando polos postos de cabeza da liga.

Cando a xunta directiva do Xallas alá polo mes de maio do ano pasado tivemos as primeiras conversas con Vicente para saber da posibilidade de que poidera ser o adestrador do Xallas para a temporada 2009/2010 non se lle puso encima da mesa a exigencia de quedarmos primeiros na liga. En varias conversacións que tivemos con él expusémoslle a necesidade de inculcar ó equipo un carácter gañador, un método de traballo que nos últimos anos pensamos que se perdera para que o equipo poidera loitar ata o final de liga polos postos de cabeza e creo que esto o estamos conseguindo.

E en primeiro lugar para conseguir esto tivemola sorte de que Vicente aceptara o reto, tíñamos moi boas referencias de él de cando estivera adestrando o Mineiro e a verdade que está cumplindo con unha nota altísima o que se espera de un adestrador. E unha persoa que conforme pasaban os meses víamos que parecía que levaba toda a vida no Xallas, moi comprometida co equipo tanto a nivel de traballo co equipo de fútbol coma con todo o que rodea externamente o Xallas .

En este aspecto, creo que durante a temporada houbo momentos que se lle tratou injustamente a través de críticas pouco infundadas e de que os que convivíamos con él diariamente viamos que non tiñan a sua razón de ser e que por suerte non influiron no traballo diario do equipo.

E en segundo lugar, poder contar con unha gran plantilla confeccionada conxuntamente polo novo adestrador e a directiva do Xallas.

Mantívose unha boa parte da plantilla do ano anterior (moi difícil de conseguir en estos tempos), e coas novas incorporacións creo que conseguimos un equipo que conforme pasaban as xornadas si que víamos a posibilidade de loitar polo primeiro posto da liga como así está sendo e polo que os xogadores están pelexando.

Non me gustaría pensar que a xente se fora coa sensación de fracaso o final de temporada por non conseguir ser campións.

Tanto o Xallas como o Zas están facendo una temporada de DEZ (solo temos que mirar as estadísticas na táboa de clasificación) e que esta liga estase decidindo por pequenos detalles. Os dous equipos foron capaces de cambiar a tendencia dos ultimos anos na Liga da Costa que a dous meses de finalizar a liga xa se sabía quen era o campeón e eso ten un gran mérito.

O afeccionado ten que saber que é moi difícil quedar primeiros, e o mínimo despiste, o mínimo contratempo que surge durante a temporada (lesións, xogadores que por temas de traballo non poden adestrar, etc…) faiche perder unha liga.

E certo que salvo debacle do Zas nestos ultimos dous partidos será o campeón, e si así é pola miña parte as miñas felicitacións pola gran temporada que están a facer, pero mentras eso non pase o Xallas peleará hata o final pola primeira plaza e sinon terémos unha segunda oportunidade coa promoción para poder subir a 1ª Autonómica.

 

amadeodos

  1. Un dos temas polémicos é o da Copa da Costa. ¿Por qué o Xallas non participa nesta edición copeira?

Con respecto a este tema, opinouse moito nestos ultimos días e escoitáronse opinións cas que non podo estar de acordo, no sentido de que parece que o Xallas desprecia a Copa da Costa, sendo esto completamente falso.

O Xallas sempre tivo orgulloso en participar en un torneo o que lle ten un gran respecto e isto demostrouno todos estos anos participando e incluso gañando algunha edición.

O que pasa que este ano, si nos paramos a analizar un pouco a situación do equipo creo que é perfectamente entendible a decisión tomada conjuntamente pola xunta directiva do Xallas e os adestrador D. Vicente Pérez.

O equipo chegou a finais de temporada con moitas baixas (ata cinco xogadores que non poderan volver a xogar esta temporada e si contamos que temos unha plantilla de vinte xogadores); como dixen anteriormente si o Zas non pincha teremos que xogar a fase de promoción (que durará cerca de un mes) e un aspecto moi importante que a xente se olvida moitas veces o Xallas non ten un equipo B ou un equipo de juveniles para poder botar man deles a hora de confeccionar unha convocatoria.

Creo que si a xente analiza un pouco a situación, creo que entenderá perfectamente por qué o Xallas non participa este ano na Copa da Costa e non por cousas que se están decindo que eu respecto pero que non comparto.

Unha opinión moi particular, e que a xente que teña responsabilidade na hora de organizar a copa da Costa, debería de plantexarxe “actualizar” algo o modelo de competición porque como estamos vendo non é normal que o Soneira que se está xogando o ascenso a Preferente ou o Cee ou o Ponteceso que estan loitando por evitar o descenso teñan que estar xogando o sábado e o domingo, uns ejemplos que fan que a xente entenda o que estou dicindo.¿Como o consiguen? Consegueno que nestos momentos ten a todolos xogadores da plantilla disponibles e que contan con cinco ou seis juveniles para as convocatorias.

  1. Ainda que sucede en máis equipos. ¿Non Botas de menos non ter máis xogadores de Santa Comba no plantel?

Alégrome de que me fagas esta pregunta para poder darlle a miña opinión a todolos socios e seguidores a unha polémica que parece que é un dos grandes debates que hay na rua entorno o Xallas e que baixo o meu punto de vista ten unha explicación moi sinxela.

Sin entrar en un análisis profundo sobre o tema, eu pódolles decir os socios e a todolos afeccionados que no Xallas están os xogadores que realmente queren estar no Xallas.

Explícome, esta é a miña segunda temporada na directiva do Xallas e cando entrei encontreime xa co debate encima da mesa e co debate na calle. Hay opinións enfrentadas que parece ser que a directiva e o entrenador expulsaron os xogadores de Santa Comba e que non se contaba coa xente de aquí, sendo algo completamente falso.

¿Dónde está o problema entonces? Como dixen antes, uns dos motivos que vexo eu que poda influir e o de non ter equipo de juveniles e é entendible que os chavales que están nas escolas deportivas de Santa Comba en estos momentos teñan as suas miras máis postas no equipo de fútbol do Santa Comba que en outro equipo. E moi difícil convencer a un xogador que leva entrenando desde cadetes co seu grupo de amigos que cambie para outro equipo ainda que sea do mesmo pueblo pero que rompería o seu circulo de amistades.

Esta temporada, podo decirvos que personalmente fun eu dentro do seo da directiva e coa aprobación do entrenador (posto que a sua prioridade era ter xente do pueblo e que ademáis conoce) de falar con catro ou cinco xogadores que todos podemos imaginarnos quen son e o final non se decidiron en vir para o Xallas.

Esto é como todo, hay uns anos atrás todos querían xogar no Xallas e eu recordo que cando empezou o Mineiro tiña problemas para confeccionar a plantilla e agora cambiou a tendencia.

Seguiremos traballando para cambiar esta situación e nunca lle cerraremos a porta a ningún xogardor do pueblo. Si non pudo ser esta temporada pode ser a temporada que ben, as portas están abertas para todos.

Estamos moi contentos coa plantilla que temos, e non só temos xogadores de Negreira (que parece que é unha cousa que molesta moito), sinon tamén de Mazaricos, Bembibre, Malpica, Fisterra, A Baña, de Tordoia e como non de Santa Comba. O que noto, e é unha opinión moi particular, e que si non está no equipo alguns xogadores do pueblo parece que os demáis xa non contan.

No equipo está David, Solís, Jaime ou Sergio Pose que creo que son un ejemplo para todos os xogadores tanto que sean de Santa Comba como de outro concello que queiran formar parte da plantilla do Xallas e que non se lles está a valorar na sua medida.

A xente é libre para opinar e eu respecto todalas opinións e nunca farei unha crítica a ningún clube por como confecciona as suas plantillas ainda que fichen xogadores de Cádiz ou de calquera outra parte.

Os socios do Xallas deberían de estar orgullosos de todos os xogadores que forman a plantilla, independientemente de donde estén censados. Non me gusta dar nomes porque sempre se che olvida alguen pero alégrome moito por Alvaro pola gran campaña que está facendo e que o ano pasado foi tan discutido, polos chavales que viñeron do ADN Negreira e que o están facendo realmente ben, pola calidad tanto futbolística como humana de Cheli, de Ricardo, de Pepe, de Sergio Pose, de Jaime, etc.

Unha sorte e un lujo de ter a Lobo no equipo e que tanto nos está a aportar en todalas parcelas do campo coa sua presencia.

  1. Por certo cal é o equipo que máis che gustou este ano?

A parte do Xallas ou do Zas que creo que son os equipos máis fortes da liga e de que o Sofán xa non é un equipo revelación sinon toda unha realidade na liga da costa, a min particularmente gustoume moito o Malpica si miramos a toda a liga. E verdad que o Fisterra ou o San Lorenzo tiñeron fases do ano moi boas, eu quedaríame co Malpica con un futbol alegre, que viña de pasar un ano con moitos problemas e que esta temporada da man de Manuel Agilda conseguiu do equipo o que todos pola zona da costa da morte escoltáramos de este adestrador e que na primeira temporada en Malpica non foi capaz de conseguir.

A verdade e que botei un pouco en falta o Castriz nesta liga. Creo sinceramente que o equipo podería haber quedado máis arriba na táboa de clasificación.

Si me preguntas a principios de temporada como pensaría que iba a terminar a liga, co corazón contestaríache que Xallas, Castriz e Zás coa cabeza creo que non sería moi diferente a como está agora mesmo a clasificación.

  1. Campeonato de Tute, Festa da Xuventude foron algunhas das actividades extradeportivas do clube. ¿E tan complicado manter un equipo punteiro na Liga da Costa?

E moi complicado manter un equipo na Liga, sea punteiro ou non e isto daste de conta desde que empezas a formar parte de unha directiva.

Un equipo ten moitos gastos durante o ano e esto sabémolo ben todalas directivas dos clubes. Gastos de Mutualidades, de Fichas, de Desprazamentos, Fisioterapeutas, etc….que o final de temporada suman moitos cartos e que fan que as directivas teñamos que por moita imaginación e traballo para conseguir afrontar todos estos gastos.

En esto estou moi orgulloso de todos os meus compañeiros da directiva e de xente que non está nela pero que nos axudan porque a verdade son un monstruos traballando.

Tamén non nos podemos olvidar de todolos socios do equipo porque sin eles esto non poderíase levar a cabo e mais nos tempos en que estamos vivindo unha gran crises. Por eso, no nome do presidente do Xallas así como o de toda a xunta directiva MOITAS GRACIAS.

  1. ¿Estás con ánimos para continuar co teu traballo altruista no Xallas para a vindeira tempada?

Como dixen antes, este é o meu segundo ano na directiva do Xallas, e son dos que creo nos ciclos de tres anos. Pero eu débome os meus compañeiros, e moitos deles levan moitos anos na directiva e o mellor e tempo de que veña xente nova para afrontar os retos do equipo nos vindeiros anos.

E algo no que estamos a falar nos últimos meses e temos mais ou menos claro todos. Particularmente, no ultimo mes non poiden dedicarlle todo o tempo que merecía o equipo debido os compromisos tanto a nivel de traballo como de familia que todos temos que atender.

Tamén é certo que un ten compromisos con moita xente, cos socios, cos xogadores e si temos que seguir roubandolle tempo o tempo un terá que facer un esforzo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí