Derrota con incidentes en Santa Comba

0
574
Santa Comba Club Futbol

Santa Comba Club Futbol

O Santa Comba perdía nun polémico encontro disputado en Fontenla. O Laracha lograba derrotar o Dorneda na Preferente.

Comentario de Xosé Manuel Lema

Doen tódalas derrotas, e para máis cando estas na zona baixa, e xógaste a supervivencia. E aínda maís cando perdes na casa, e froito dun penalti inexistente, a un metro fóra do área e no minuto 88. Isto foi o que lle pasou o Santa Comba. Cinco goles que chegaron no segundo tempo. Abría o marcador Adrián, empataba David para o Coruxo. Cun auténtico golazo pola escadra, o Tigre de Bazar, Doro poñía por diante de novo os laranxas, pero no minuto 88, o colexiado López Rodríguez sinalaba unha pena máxima que só viu él, e que supoñía tamén a expulsión do porteiro Dani. Antúnez marcaba o penalti, e minutos despois chegaba o terceiro do Coruxo. Os locais non daban crédito o sucedido, e armábase unha tangana. Segudo a crónica de Noel Blanco no xornal Depor Sport, un espectador agredía a un dos asistentes, e en medio das discusións non faltaban empuxóns e agresións na zona dos vestiarios. Na mesma categoría, o Negreira perdía por 2 a 1 en Vilalba, marcando polos visitantes Nacho e o Bergantiños traía un punto valioso da súa visitante ó Vilalonga.

Na Preferente gran victoria do Laracha, que superaba o líder Dorneda por 2 a 1, cunha actuación arbitral moi protestada polos dous conxuntos. Os de José Luís Lemos marcaban por medio de Josito, que transformaba unha pena máxima e no 94 Brais anotaba o segundo e último. Os locais sufrían a expulsión de Javi Villar.

Con respecto a Primeira Autonómica, nesta ocasión, os nosos representantes sumaban tres empates e unha derrota. O Unión Clube Cee empataba na Ponte dos Brozos fronte o Atlético Arteixo, que está na zona alta. Un libredirrecto executado por Luigi, valía un punto importante para os da Xunqueira. Sen goles e na cada empataba o Ponteceso ante o Calo. A xogada clave poido ser o penalti que Borja lle detivo a Carlos Mato. Idéntico resultado o acadado polo Soneira en Cambre. As ocasións máis claras foron as creadas por Alberto Vía Rápida. E a derrota chegaba do Dumbría, que patinaba no Conco ante o Grixoa e alónxase da zona alta. Adiantábase Taski, pero Capís empataba e no minuto 90 e de penalti, Raviña sentenciaba a prol dos visitantes.

A FOTO DO SANTA COMBA PERTENCE A ESTA TEMPADA, PERO A ESTE PARTIDO,

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí