Un Xallas C.F. moi ilusionado enfróntase esta fin de semana o actual campión da Copa da Costa e ó equipo que ven de gañar a Liga, o Ponteceso. Anosacosta estivo co míster verdinegro, Camacho. Escoita as súas declaracións.
Ignacio Fernández Pazos “Camacho” é o míster do Xallas C.F., un home da casa, sempre disposto a colaborar con esta emblemática entidade. Eliminaron ó Porteño, Sofán e o Sporting Zas. Agora chegan a semifinais e mediránse ó potente Ponteceso.
Anosacosta ofréceche a posibilidade de escoitar ou descargar as declaracións de Camacho pinchando no seguinte enlace:
www.anosacosta.es/mp3/anosacostacamacho.mp3
“A xente está moi animada e os rapaces están peleando moitísimo e con moito pundonor. Gustaríamos que a afición nos seguira apoiando” comenta o míster que está agradecido co respaldo dos siareiros pero mandalles unha mensaxe para que continúen axudando o clube ante esta importante eliminatoria.
¿Por qué en Santa Comba se está falando tanto do Xallas?- “Porque é o equipo de toda a vida” resposta Camacho. E sobre o Ponteceso engade:“O Ponteceso é o campión pero o Xallas tamén ten equipo para competir aínda que temos que ir de humildes, porque teñen un señor equipo. Pero a Copa da Costa é distinta.”