Un “Punch” case definitivo.

0
612

Image
Despois de ofrecer os resultados nunha noticia anterior, agora reflexionamos sobre o taboleiro da Liga da Costa e a situación da mesma, así como entramos en previsión para a vindeira.

Un “Punch” case definitivo.

O Ponteceso quere cantar o alirón canto antes e parece que os rivais lle queren facilitar a cousa. Os de Bardanca gañan e avanzan e os do pelotón despelléxanse entre eles. O que vivimos nesta función foi outro paso grande, e en pleno entroido, se pode decir que o Ponteceso xa vestiu o traxe de campéon, e será moi difícil que o final todo quede nun simple disfraz.
Nesta xornada asestaban un golpe case definitivo a competición, por decir algo. Ou o que é moi parecido, o Castriz estrellábase no Platas Reinoso, cun Baio que leva unha traxectoria tremenda. Desde a chegada de Chema Eirís subíronse o ascensor están xa na cuarta posición.  Pero volvendo a raiz do asunto, a falta de sete partidos, de 21 puntos por desputar, o Ponteceso saca unha renda de 9 puntos o Castriz. Os líderes endosaban un amplo 8 a 1 ó colista Corcubión, con hat-trick  incluido de Toniño. Mentras en Baio, o gol de Fermín convérsese nunha lousa moi pesada para o equipo de Esteban Blanco Sande.  O Muros derrotaba ó Santa Comba B nun partido trepidante e manténse na terceira praza e a dez puntos do primeiro. Tamén gañaba nesta xornada o Sofán fronte o Corme e enderezan o seu rumbo os de David Baña, entre os primeiros.   E houbo outros resultados que poden ter a súa repercusión. Por exemplo a victoria do Fisterra na Ponte do Porto que supoñía un paso firme para non moverse nas augas movedizas da cola. E tamén superaba unha proba vital o Malpica, superando ó Camariñas. E o San Lorenzo volvía a perder, e na casa fronte o Monte Louro. E outro clube en racha é o Xallas, novo partido e nova victoria nesta ocasión vencendo o Carnota. Así que isto é o que hai. O Ponteceso dando zancadas para chegar a proclamarse campeón canto antes e os perseguidores que xa lle perden a pista o barco do Almirante Torrado, Neucha, Toniño, Carlos Mato,  Pombo, etc.. E na zona baixa, o Corcubión segue facendo xusto o contrario co líder, semana a semana, sen reaccionar. E o Santa Comba B, que está de penúltimo, perxudícase das victorias do Malpica e o Fisterra. Os de Luís Facal están agora a tres puntos do Malpica e a sete do Fisterra.

Image

E se poden e queren non perdan a atención da vindeira xornada. Que aínda que será xornada electoral no eido do noso fútbol non desmerece. Cunha diferencia moi grande o Ponteceso chega a Castriz e pode noquear os de San Pedro. Despois deste partido nos quedaremos nunha distancia de 6, 9 ou 12 puntos. O terceiro en discordia, o Muros xoga en Corcubión. Dos que non teñen complicacións, destacamos o sempre apaixoante derbi entre Camariñas e Porteño, e logo sembramos que que temos un Corme- Xallas e un Monte Louro-Sofán. E non haberá tanta tranquilidade noutros campos. O Santa Comba B recibe o San Lorenzo de Berdillo. Os locais estánse xogando a categoría, pero os de Berdillo non poden seguir encadenando derrotas porque poderían levar un serio disgusto. E o Fisterra tentará fuxir definitivamente do perido e sacudirse a fantasma en Ara Solis contra o Baio. E idéntico propósito e con máis necesidade aínda o Malpica rende visita ó Carnota de Alfredo Cambeiro.

XOSÉ MANUEL LEMA

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí