O Unión Clube Cee é o campión da Liga da Costa da tempada 2.007/08. Proclamouse este domingo no encontro no que derrotou ó Castriz. Os de Manolín celebraron por todo o alto este título, na mítica e histórica competición. Anosacosta publicará mañán mesmo unha reportaxe cos impresións dos protagonistas. Hoxe queremos simplemente facernos eco da noticia.