O Unión Clube Cee continúa sen fallar e nesta xornada aumentaba a seis puntos a diferencia co Ponteceso, xa que o segundo en cuestión non pasaba do empate, e percibe como se lle complica a persecución. Na “Zona Baixa”, a loita segue viva pero xa hai quén respira un pouco mellor. É o caso do Carnota que gañaba a domicilio ante o Porteño ou do Monte Louro que derrotaba a Esteirana e xa ten oito puntos de renda con respecto ós tres últimos clasificacos: Nantón, Buño e Esteirana.
Ponteceso-2- Muros-2-
Non poideron os de Bardanca superar o Muros no Pinguel e ven como o líder Cee aumenta a súa distancia en dous puntos máis. E foi unha sorpresa porque ninguén se esperaba que o Ponteceso pegara este frenazo e porque ademáis fóronse ó descanso con dous goles de vantaxe. Rubén e Migueliño mandaban o Muros ó vestiario con dous puñais no corazón. Pero o touro mozo dirixido por Felipe Candamo resucitou e conseguiu empatar con goles de Xurxo e xa na recta final as táboas que asinaba o futbolista Teo.
Malpica-2- Cee-3-
Suma e segue. O Cee pescou tres puntos máis, neste caso na Pedra Queimada. Os catro minutos anotou Fermín, e antes do descanso, Rubén Fiuza colaba o balón na portería contraria cun tiro de falta desde preto de 50 metros. Na reanudación, Fran Toba executaba maxistralmente outra falta. O Malpica acercouse con tantos de Charro e Andrés. Era expulsado o ceense Nico.
Porteño-1- Carnota-3-
Nuns comezos igualados, foi no segundo tempo cando os de Cambeiro puxeron o toque de distinción, con máis coraxe e máis oportunismo. Pero antes no psicolóxico minuto 45, Casti adiantaba os visitantes cando a xente se dirixía a cantina. E con este gol avanzaron moito os carnotáns. Juan Bello empataba pero os de Alfredo foron collendo o ritmo do encontro.A brega de Martín, e a pillería de Tropi eran obstáculos insalvables para os de Manolito, que buscaban por medio de Juan o Bellon ou Varela o gol que non chegaba. Tropi desestabilizaba coa súa veteranía os rivais e nunha xogada de rato do área marcaba o segundo. Logo veu o definitivo, obra de Alex.
Nantón-0- Fisterra-1-
Os de Calabanda seguen nas caldeiras do inferno, na parte baixa da clasificación, e cada xornada a papeleta está máis complexa. Un gol de Guardiola foi determinante para a victoria do Fisterra. Polo Fisterra, Roa, Mané e Borja Santos tiveron estupendas ocasións e polo clube locatario poideron marcar Sito, Iván Lorenzo, ou Félix Castiñeira.
Buño-3- Baio-3-
O Buño acadaba un empate que non sabe a moito pola preocupante situación que padece e porque os de Rochi, chegaron a darlle a volta a tortilla. O home da tarde foi David Costa, cun hat.trick magnífico. Costa marcaba o primeiro no minuto 11, resolvendo un mán a mán co porteiro Añón. No minuto 24, voltaba a enchufar cunha vaselina desde fora da área. Neucha recurtaba diferencias para o Buño. E co 1 a 2 tocaba refresco.
E pronto empataban os oleiros, por medio de Diego. E case sonaba a proeza cando Víctor reconducía a situación. Pero con pólvora aínda nas súas pernas David Costa , remataba a súa tarde de goles co terceiro e a igualada quedaba rexistrada no marcador.
Corme-2- Camariñas-1-
Victoria do Corme, pese a adiantarse o Camariñas cun gol de Iago. Posteriormente viñeron os tantos percebeiros de Diego e Yago.
Sofán-2-Castriz-1-
Tamén gañaba o Sofán diante do Castriz con tantos de Adrián e Suso Docampo. Jota marcaba para os visitantes cun potente disparo.
Monte Louro-2- Esteirana-0-
O Monte Louro colleitaba unha victoria moi importante e que pode chegar a agradecerse moito. Impoñíanse a un rival directo, a Esteirana. Marcaban Sergio e Piti.