O Cee segue sen fallar e o Ponteceso tampouco. Seguen sendo catro puntos de diferencia e faltan nove xornadas. E que semella que non van a deixar de ser emocionantes e competidas. Porque na zona baixa o Buño ameaza con sair da U.C.I., xa que gañaba a domicilio en Muros. E o Carnota que derrotaba a outro rival directo, a Esteirana. Un novo capítulo desta Liga da Costa.
Castriz-0- Ponteceso-1-
Coma nas pantallas do tetrix ou dos videoxogos, maís difícil cada vez. Nesta ocasión, O equipo pondaliano superaba unha das pantallas máis difíciles que lle quedan. E gañaba en Castriz na tarde do sábado. Decidiu un gol de Rubén ó transformar unha falta.
Unión Clube Cee-3- Nantón-1-
Seguen acercándose ó título os de Manolín. Derrotaban o Nantón que o principio aguantaba o que podía parecer un chaparrón. Bibi e David sumaban unha renta de dous goles e así cegábamos ó tempo de lecer. Pero logo chegaría o gol do Chef. Félix Castiñeira, o cociñeiro da Pedra, resolvía diante do gran Mingos. E os de Calabanda iniciaron uns minutos de acoso con ocasións tremendas nas botas de Sito, Manolo do Cruceiro ou Pichel. Pero non poideron empatar e Fran Toba sentenciaba nos últimos compases do partido.
Porteño-2- Sofán-1
Os da Ponte do Porto empatan co Castriz na terceira praza, despois de imponerse o Sofán na Grixa. Os visitantes adiantábanse no minuto 24 cun tanto de Jose. Pouco despois Piti empataba para o Porteño e antes do descanso Ismael Mouro marcaba de cabeza o 2-1- que sería definitivo aproveitando un pase de Sergio Varela.
Muros-1- Buño-2-
O Buño leva xornadas metido na UCI. Ós de Rocchiccioli xa lle pesa o faroliño vermello e onte avisaron que estaban enfermos pero non mortos. En Muros o conxunto oleiro quitaba as gomas da presión e pegaba un golpe na mesa, gañando en Muros, ante os de Felipe Candamo.
Ían tres minutos e Mario Casal adiantaba ó Buño. No segundo tempo era Víctor o que enchufaba un novo tanto. O gol do Muros foi anotado por Brais.
Baio-2-Malpica-1-
Victoria do Baio na Casa, pese a que o Malpica golpeaba primeiro por medio de Lema. Os tres goles chegaron no segundo tempo. O de Lema no 54, e rápidamente empataba Alberto. Logo no 80, era o incorporado, Sergio Pensado o que poñía a balanza a prol dos baieses. Era expulsado o porteiro local, Trucho, que tivo que ser sustituido por un xogador de campo, Cristian. Tamén os malpicáns se quedaron sen Fran.
Fisterra-2- Corme-2-
Reparto de puntos. Primeiro chegaron os dous goles do Corme e logo os dous do Fisterra. Os percebeiros eran cousa de Cordobés, un deles de penalti. E os do Fisterra foron marcados por Roa e por Xusto.
Carnota-3- Esteirana-1-
Nun partido importantísimo o Carnota de Cambeiro superaba outra proba dura. Con goles de Tropi e Pablo Beiro(2) gañaba ó Esteirana que só conseguía un gol, co sinatura de Martín.
Camariñas-2- Monte Louro-0-
Brais, cunha fermosa vaselina, e Pedro Romar deron a victoria o equipo palilleiro no partido disputado en Vimianzo.