A Liga da Costa segue coas espadas en alto

0
574

Cee e Ponteceso non fallan e seguen dando emoción o campionato, separados por catro puntos e cando faltan dez xornadas. E na parte baixa, Louro, Carnota, Esteirana, Nantón e Buño seguen pelexando por sair do pozo. Nesta xornada o máis beneficiado foi o Carnota de Cambeiro, que vencía mentras que os seus rivais non pasaban do empate.

 Crónica da Xornada:

Ponteceso-2- Porteño-0-

O Ponteceso de Bardanca conseguiu unha nova victoria e segue con esa distancia de catro puntos con respecto ó líder Cee. Os de Bardanca queren aproveitar estas últimas dez xornadas para tentar botarlle un pulso os de Manolín, e iso pasa por non fallar. E onte non fallaron.  Pese a insistencia dos da Ponte do Porto, os pondalianos, resolveron a balón parado con sendos goles de Rubén(17´) e Bolón(78´). Agora toca velar armas para a dura visita que deberán de facer o sábado as terras de Castriz.

Esteirana-0- Camariñas-0-

Comenzou dominando o equipo de Esteiro, cun balón ó longueiro que naciu das botas de Martín. O Camariñas foi controlando o partido ainda que se lle complicou a papeleta coa expulsión por vermella directa do defensa Yago a falta de 18 minutos para o final. Pero nin o fútbol foi para disfrutar, nin tan sequera ningún dos contrincantes ofreceu un gol nesa tarde.

Nantón-1- Baio-1-

Empate de puntos entre dous equipos que non arrancan. O Baio segue na zona media-baixa sen cumprir expectativas, e aínda que se destituiu a Javier Lodeiro a solución para o equipo parece que ten maior calado. Quero dicir que en Baio a ferida é máis fonda. E o Nantón que non despega da zona do afundimento. E onte nos contan que o Baio de Lilo, dominou máis, ante unha parroquia importante de siareiros de ambos clubes. O baiés Carro anotaba un gol que foi anulado. Nada máis comenzar o segundo tempo Martín Pérez Gómez transformaba unha pena máxima e adiantaba ós visitantes. Tivo ocasións o Baio pero foi Manolo do Cruceiro que no treito final igualaba a contenda.

Buño-2- Castriz-2-

O Buño sumaba un punto na casa, que sabe como un xantar sen sal e non é a vitamina que necesitan os de Carlos Ortiz Rochiccioli. Claro, diante do Castriz ten máis mérito pero a clasificación só entende de puntos sumados. Juan abría o marcador para os locais no minuto dez, pero rápidamente empataba Sebas, logo dun pase en profundidade de Jota. No segundo tempo, os de García collían ventaxa cun tanto de Mauri, e cando faltaban nove minutos para o remate, Mario ponía as táboas no marcador, logo dun erro defensivo do Castriz.

Sofán-1- Carnota-2-

Victoria a domicilio do Carnota de Alfredo Cambeiro, que adquire moita importancia. Dos equipos que buscarn respiración na parte baixa, só sumaba tres puntos o Carnota, porque o Louro perdía e Nantón, Esteirana e Buño só acadaban empates. O Sofán marcaba primeiro cun gol de Berti, pero no 23 e no minmuto 62, o dianteiro Casti certificaba este paso adiante para os carnotáns.

Monte Louro-1- Fisterra-2-

O Fisterra foi incrementando o seu control e fíxose merecedor da victoria. O local César anotaba o primeiro gol, pero Chula, no primeiro tempo, e Borja no segundo, remontaban o partido. Por certo, os dous goles fisterráns foron materializados por defensas.

Malpica-1-Muros-3-

O Muros de Felipe Candamo pasou por A Pedra Queimada coma un  ciclón. Catro minutos despois de que se asubiara o inicio, Maxi adiantaba o Muros dun tiro cruzado. Pouco despois, chegaba o segundo, obra de Brais. A falta de 20 minutos o 0a 3 , viña dun penalti executado por Manu. Rodrigo marcaba o gol da honra para o Malpica.

Corme-1- Cee-2-

Dín que a sorte viaxa no autobús dos campións e onte o Cee encontrou o sorriso da fortuna e solucionou unha auténtica proba de lume no campo do Cairo. E tamén tivo que traballar dabondo. Bibi lanzaba un pelotazo no longueiro e o rexeite foi aproveitado por Josiño para coller distancia. O Corme non se rendía e antes do descanso servía un fogonazo os visitantes, cun tanto de Yago. Cee e Corme tiveron logo ocasións, pero a xogada efectiva sería o penalti que materializaría Leoncio Picallo e que daba a victoria o líder.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí