O Cee vence, perde efectivos, e o Ponteceso non falla.

0
617

A vida segue igual e falta unha xornada menos.Nesta xornada  non fallou ningún dos catro primeiros clasificados e os cinco últimos non foron capaces de sumar un só punto. O Unión Clube Cee segue firme aínda que a pesares de derrotar contundentemente ó Monte Louro, perde tres xogadores para o domingo. E o Ponteceso non perde distancia, aínda que fora con moita fortuna en Sofán.

A CRÓNICA  por Xosé Manuel Lema

Sofán-0-Ponteceso-1-

O Ponteceso resiste na súa persecución ó Cee, ainda que este domingo tiveran que aliarse coa fortuna. O Sofán asistiu atónito a fuxida de tres puntos do Carral cun gol de penalti transformado por Toniño no minuto 68.  Unha mán involuntaria de Gende que evitou o gol, fixo posible esa pena máxima que determinou a victoria para o equipo de Bardanca. O Sofán mereceu máis, e gozou de oportunidades nas botas de Berti ou Marcial que petaron nas madeiras. Tamén o gardamallas pondaliano Barca se luceu nalgunha ocasión.

Carnota-1- Camariñas-2-

Os palilleiros tamén vencían a a domicilio, a un Carnota que ten no banquillo a Alfredo Cambeiro. Adiantábase Tedín para o Camariñas e así íanse ó descanso. No segundo tempo, no 63,  empataba Berto para os locais, e tres minutos despois, Pedro Romar sentenciaba para o Camariñas.

Muros-3-Nantón-1-
Segue sen reaccionar o Nantón de Calabanda e sen sair das caldeiras do inferno.
Nesta ocasión perdía en Muros. E iso que se adiantaba nos comenzos no encontro por mediación de Ernesto, froito dun corner botado por Serra. Pero o Muros reaccionou con tantos de Manu e de Maxi o fío do tempo de lecer. Xa nos instantes finais Jaro marcaba o terceiro da tarde.

Porteño-3- Buño-2-

O Porteño doulle a volta a tortilla sen demasiada calidade e aproveitando unha parte das súas múltiples ocasións. Onte, e digo así de claro porque eu estaba nese partido e nesa fría tarde na Grixa, poido ser a tarde do Buño. Futbolísticamente, foi o típico encontro de que “Si lo sé no vengo”, dos que non fan afición, e unicamente unha afección ós ouvidos, polo do frío.Pero ben que comenzaron os pupilos de Rochiccioli. Víctor marcaba no minuto 10 e logo o defensa Diego marcaba o 0 a 2 , coa axuda do porteiro do Porteño, que se chama igual. Manolito non daba crédito e os oleiros respiraban e xa soñaban coa victoria. Pero chegou o gol de Ismael Mouro, transformando un penalti, e xa no segundo tempo un rosario de ocasións para os porteños, que culminaron con dous goles de Sergio Varela.O Buño fóise desinflando pouco  a pouco e mentras Manolito optou no segundo tempo por mover banquiño, e Rocchi non o fixo, sinxelamente porque non tiña nin un xogador de recambio. E isto significa que en Buño hai un problema, porque cando pasa isto ou hai unha epidemia de gripe ou algo polo estilo ou hai mal rollo.E a estas alturas o Buño debe de estar unido e disciplinado se quere manter unha mínimas opcións de salvacións.

 

 

 

 

Cee-4-Monte Louro-0-

Victoria clara e contundente do líder que segue firme. Leoncio de penalti, Toni en dúas ocasións e Yanki foron os anotadores dun partido que dominaron e controlaron. O Peor foi o parte de guerra, porque o Unión Clube Cee pérdese para a vindeira xornada a Fran Toba e Carlos Leis, que onte foron expulsados e a Rubén Fiuza, que acumulaba  a quinta tarxeta amarela.

Castriz-2- Malpica-0-

O Castriz sumaba tres puntos impoñéndose ó Malpica en San Pedro. Os de García marcaron un gol en cada tempo e controlaron o partido. O primeiro, unha falta manexada polo incombustible José Ramón Río Pazos “Jota”, que foi convertida en gol por Toniño. E o segundo foi obra de Sebas.

Baio-2- Corme-1-

O Baio de Lilo segue  senda positiva no seu feudo. Os dous goles naceron das botas de David Costa e foron feitas gol por Carlos e Martín. En vinte minutos viñeron os tantos do Baio e tamén no primeiro tempo o único gol do Corme.

Fisterra-6- Esteirana-0-
A goleada da xornada certificouse no Ara Solis. Media ducia de tantos anotados a partes iguais e con respectivos hats-tricks por Manuel Cartamil e Mané.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí