O Unión Clube Cee caía derrotado no derbi comarcal celebrado en Fisterra. Moi bó ambiente no Ara Solis cun sabor típicamente dos partidos históricos entre as dúas formacións. Bebeto e Mané adiantaban os locais, este último cun gol de córner directo. Polo Cee anotaba o final do encontro Leoncio.A derrota do Cee non da moita emoción a Liga da Costa, xa que o Ponteceso empataba a ceros en Malpica. Os de Bardanca recurtan un punto e quedan a 4. Tampouco avanzou o terceiro en discordia, a S.D. Castriz perdía en Louro por 2-0. O clube que escalaba algúns postos era o Porteño que traía de Corme tres puntos con goles de Sergio Varela e Luís. Tamén xornada positiva para o Camariñas que derrotaba claramente a un Baio en problemas, con tantos de Pedro Romar(2), Brais Casal e Roberto.Hai que destacar a épica remontada do Sofán. Ía perdendo por 3 a 0 có Nantón( Carlos, Manolo do Cruceiro e Luís Guiance), e conseguiu empatar con dianas de Suso Docampo,Cristian e Bertín. Os sofanistas remataron co gardamallas Costa expulsado, e sen recambio, tivo que coller "os guantes" David Baneira. O partido de urxencias entre os dous últimos clasificados quedouse nun empate. Carnota e Buño quedaron en táboas. O gol oleiro foi transformado por Víctor. Muros e Esteirana empataban sen goles.
Camariñas-4-Baio-0-
Muros –0 Esteirana-0-
Fisterra- 2 – U.C. Cee- 1 –
Monte Louro-2 – Castriz- 0-
Corme- 1 – Porteño- 2 –
Nantón- 3 – Sofán- 3
Malpica- 0 – Ponteceso-0 –
Carnota- 1 – Buño-1 –