O dianteiro ceense Leoncio Picallo comentou en Noroeste-Deportivo de Punto Radio o debate sobre os favoritos para impoñerse na Liga da Costa.A actitude do U.C. Cee que se postulou como aspirante favorito desde un principio, comenzando polas verbas do propio Presidente a adestrador Manolín, provoca múltiples comentarios, que nalgúns casos provocan o malestar no plantel da vila da Xunqueira. Nesta ocasión opinou Leoncio, que manifestou con respecto a esta polémica que :“O que se moleste que salga e diga que ten equipo para ser campeón. Pero aquí todos esconden a cabeza e escurren balóns, pero cando un colle a responsabilidade dín que é un chulo”. Leo tamén aportou o seu pronóstico:”Creo que os dous que están arriba estarán loitando ata o final. E tamén equipos coma o Camariñas, o Baio e o Castriz supoño que estarán ahí.
A foto pertence a www.unionclubcee.com
{youtube}t0kKHnzJ38Y{/youtube}