O Unión Club Cee poñe a quinta

0
659

Crónica de Xosé Manuel Lema.

Image

¡Ollo, que se escapa!. Esta podería ser a advertencia na Liga da Costa. O Unión Clube Cee segue botando terra de por medio ante os seus rivais, e a pesares de que xa se postulaba coma máximo aspirante ó título, ameaza con resvolver a papeleta moito antes do previsto. Xa teñen cinco puntos de diferencia con respecto o Ponteceso, sete por diante do Castriz, e oito puntos sobre Baio e Camariñas. Nesta xornada o Cee gañaba en Buño con seis goles, con tres de Leoncio Picallo. Mentres Ponteceso e Baio empataba a ceros. O Castriz de García sumaba unha victoria en Ponte do Porto e o Camariñas segue a súa recuperación, logo de vencer nas Fontiñas  fronte o Nantón.

Buño-1- Unión Club Cee-6-

Aínda que pareza mentira, este partido comenzou con igualdade e se adiantaba o Buño, cun gol froito dun excelente remate de Emilio Calvo. Antes do descanso Fran Pioto empataba para o Cee e na reanudación do partido, Bibi ponía por diante os da Xunqueira. Logo no minuto 57, chegaba a primeira das expulsións da tarde, o oleiro Óscar, e minutos despois Leoncio marcaba o terceiro para os visitantes de penalti.

Chegaría o cuarto, obra de Yanki, o Buño quedaríase con 9 homes ó sair Richard expulsado, e Leoncio Picallo asinaría dóus goles máis, e conseguía un hat-trick.

Nantón-1- Camariñas-2-

O Camariñas segue a súa recuperación e xa é cuarto, despois de vencer en As Fontiñas, nun partido no que levou o peso, pero no que tampouco houbo grandes ocsións. No segundo tempo, Luís Guiance transformaba un penalti que fora cometido sobre Félix Castiñeira. Pero no treito final, en só dez minutos Darío armouna. Primeiro cunha xogada personal pola banda que culminou cunha asistencia que Pedro Romar culminou no fondo das redes. E a piques do asubío final,  Darío de cabeza consguía que os tres puntos viaxaran para a terra do encaixe.

Sofán-2- Muros-3-

O Muros sorprende no campo do Carral, levando un premio excelente. O Sofán empezaba marcando cun gol de Adrián que aproveitaba un pase de Suso Docampo. No minuto 30, un balón que desde Sofán aseguran que estaba fora do campo, foi recuperado por Jarondo que llo entrega a Brais para que consiga o empate. Poucos minutos despois chegou o infortunio para os locais, cando Varela marca en propia porta . Aínda así no segundo tempo Eloi empata de penalti, pero o Muros certifica a victoria cun gol de Gelo, que se beneficiou da indecisión do cancerbeiro Costa.

Malpica-1- Fisterra-1-

O Fisterra chegaba mermado a Pedra Queimda e marchou con un punto, pese a que loitou para conseguir os tres, ante un Malpica máis conservador.

Marcaba o primeiro Xusto para o Fisterra e empataba nos compases últimos, Charli para os malpicáns.

Ponteceso-0- Baio-0-

Ponteceso e Baio deron nesta xornada un empuxonciño ó líder Cee, ó non pasar do empate nunha tarde sen goles. E o colexiado Mañana Castro fixo méritos, para estar presente nesta crónica. Expulsou a Mario no minuto 44, nunha decisión cando menos excesivamente rigurosa, e desde Ponteceso criticaron que non se pitara un penalti sobre Toniño o final do partido. Tamén saía expulsado o pontecesán, Migueliño.

Monte Louro-0- Carnota-5-

O Carnota sacou a metralleta e fusilou o Louro no seu campo, sen dar accións e acosando o rival. Pablo Beiro marcaba o primeiro e máis o último. O resto dos cinco goles foron marcados por José Manuel, Martín e Casti.

Corme-2- Esteirana-0-

Martín e Iago foron os autores dos dous goles que sirven para que o Corme colla respiración. Neste caso gañaban a Esteirana, tamén destacando a actuación do porteiro, Suso.

Porteño-1- Castriz-3-

O sábado asistíamos o encontro disputado no campo da grixa, e  de regreso a casa eu pensaba, no que creo que é unha das claves deste Castriz. O Castriz é un equipo que aproveita os seus recursos, o seu adestrador Manuel García Cancela sabe explotar os seus xogadores en cada campo.

Neste partido sían e no primeiro tempo xa endosaban un cero a tres ós locais. Tres goles en 30 minutos. Primeiro, Carlos Campos co seu toque de distinción e logo dous cañonazos de Sebas e Martín, que puxeron a balanza moi a prol dos visitantes. Os dous equipos teñen de patrón a San Pedro, aínda que o sábado foi máis abogoso ó de Castriz.O Porteño insistiría no segundo tempo e marcou por medio de Manolito, pero a defensa do Castriz, comandada polo xenial Jota, non dou opcións.Alejandro, Toniño, Jota, Martín formaron un muro infranqueable.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí