Cee e Ponteceso ameazan con escaparse.

0
671

Coas súas victorias esta pasada fin de semana, o Unión Clube de Cee (15 pts) e o Ponteceso(14) manteñen as súas aspiracións o título, e ameazan con marcar distancias. Castriz e Baio perdían e o Fisterra non pasaba do empate, polo que neste momento o terceiro en discordia é o Sofán, a catro puntos do líder.

Esteirana-0- Carnota-2-

 O Carnota sumou a súa primeira victoria do campionato vencendo en Esteiro con goles de Tropi e Martín.

 Louro-2-Camariñas-3-

O Camariñas suma a súa victoria consecutiva vencendo en Louro.

Yago de penalti sitúaba o 0 a 1 no marcador no minuto 20, pero pronto empataba Manoliño. Os poucos minutos, Brais voltaba a desmarcar os palilleiros e antes do descanso Manoliño, conseguía o segundo para o Louro. A falta de dez minutos para o final, Pedro Romar sentenciaba a prol dos camariñáns.

Corme-1- Fisterra-1-

Reparto de puntos no Cairo nun partido moi disputado. Adiántabase o Corme no minuto 20 cun gol de Yago, e xa no segundo tempo empataban os fisterráns cun tanto de Manuel.

Nantón-0- Cee-4-

Suma e segue o Cee de Manolín e nesta ocasión gañaba a domicilio e por catro goles de diferencia. O Nantón sufría varias baixas.  Leo marcaba o primeiro no minuto 35, e os poucos minutos chegaba o segundo de Bibi. Xa no segundo tempo un gol de Félix en propia porta e unha xogada de astucia de Leoncio Picallo, dirimáin a contenda.

Malpica-4- Baio-2-

O Malpica derrotou o clube que adestra Javier Lodeiro. O xogador local Rodrigo marcaba dous goles seguidos nos minutos 12 e 18, primeiro dun tiro cruzado e logo beneficiándose dun erro de coordinación entre e o porteiro e a defensa. O dianteiro baiés Carlos tiraba do seu equipo e conseguía empatar nos minutos 22 e 28 con dous goles. No segundo tempo o Baio baixou e chegaron os tantos de Alfredo e Manuel. Era o definitivo 4 a 2.

Buño-2- Muros-2-

O Muros estivo a piques de sorprender en Xaviña ante un Buño que foi baixando a medida que avanzaba o encontro.  Maxi adiantaba Muros, nada máis iniciarse o partido. No minuto 24 empataba Dourado para os oleiros, logo dunha falta botada por Neucha e coa colaboración de Rubén. Dez minutos despois Richard controlou o esférico chegado desde a liña medular, e ponía por diante os homes de Pol. Pero  a fala de trece minutos Maxi ponía o 2 a 2 no marcador. 

Ponteceso-2- Castriz-0-

O Ponteceso non quere perder a estela do Cee, e onte vencía ante o Castriz con goles de Rubén e Felipe. Incluso Carlos Mato erraba unha pena máxima que atallaba o porteiro, David. O colexiado expulsaba o míster e García e  a Víctor do Castriz. Os visitantes tiveron como mellor xogador a Jota. O Ponteceso é segundo, pero de momento é o único equipo da Liga da Costa que non perdeu ningún partido.

Sofán-4- Porteño-2-

 O Muro do Porteño derrubouse finalmente gracias o traballo do equipo sofanista, que realizou un espléndido traballo ante a ben formada retagarda dos da Ponte do Porto. Aínda que se adiantaron cun gol de Eloy de penalty, ata o segundo tempo non se xestou a diferencia. Unha xogada personal de Adrián foi o preludio dunha particular homenaxe que os de Sofán lle deron ós presentes no Carral. Cando aínda se comentaba o segundo gol, o mesmo Adrián cedía o balón a Suso Docampo e éste nos regalaba un  gol fermoso, mediante unha chilena. O cuarto era obra de Bertín transformando unha falta directa.  Nos minutos finais o Porteño salvaría a honriña por partida doble, con goles de Jemisa e Juan Carlos.

1-0- m.26- Eloy

2-0- m.64- Adrián

3-0 m.68-Suso Docampo

4-0 m.72-Bertín

4-1- m88-Jemisa

4-2-m91-Juan Carlos

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí