O U.C. Cee retoma o liderato da Liga da Costa.

0
716

O Cee retorna  a primeira posición da Liga da Costa, logo de vencer ó Corme na quinta xornada da competición, nun encontro no que os visitantes non puxeron as cousas doadas para o equipo de Manolín. O empate do Ponteceso en A Ponte do Porto permite que os da Xunqueira volten a “pole position”.

Baio e Castriz tamén gañaban e o Camariñas lograba a súa primeira victoria, derrotando a Esteirana. O Carnota é agora o único clube que non coñece  a victoria.

Cee-2- Corme-1-

Adiantábase o Corme no minuto 6 cun gol de Felipe. O Corme caía dignamente, logo da remontada dos locais con tantos de Bibi(m.25), reclamado como fóra de xogo polos visitantes e por último, o desempate  a cargo do fisterrán Toni,(min 75), cun tiro raso desde 25 metros.

Baio-3-Nantón-1-

O Baio colleitaba unha victoria nun encontro no que o Nantón sufria a expulsión do gardamallas, Ernesto, e dúas lesións. Comenzaba anotando o local Alberto(min 19), e no segundo tempo Luís Guiance(min 50) asinaba as táboas. No minuto 64, Martín marcaba un gol de volea que deixou coa boca aberta a moitos aficionados. Desde Nantón pediron máns do xogador. David Costa (min 72), ponía o definitivo 3 a 1 para a escadra de Javier Lodeiro.

 

Fisterra-2-Monte Louro-2-
Borja Santos marcaba os dous goles iniciais do Fisterra ( min 9 e 18), pero os visitantes anotaban dous tantos mediante dúas penas máximas transformadas por Manoliño (min 25 e 35). O local Mané fallaba un penalti.

 

 

 

Porteño-1-Ponteceso-1-
O Ponteceso perdía o maillot amarelo no difícil e pequeño campo da Grixa.             José Manuel marcaba o 1 a 0 no minuto 18, e no 37, Carlos Puga empataba. No treito final o colexiado anulaba un gol ó mesmo Carlos, que os pondalianos protestaron por entender que a súa posición era totalmente legal. Alex(Porteño) e Mendieta (Ponteceso) eran expulsados.

 

Castriz-3- Buño-0-
O Castriz voltou a ser moi forte en San Pedro, manexando o partido e imponiéndose ó Buño. Os goles chegaban no segundo tempo. Dous de Carlos Campos(min 50 e 68), e de Moriño no minuto 86.Os de García colócanse na cuarta praza  e velan armas para visitar o domingo ó Ponteceso.

 

Muros-3- Malpica-3-
Seis goles nesta tarde en Miraflores e emoción.

1-0  Manuel .Min 6

1-1- Xurxo. Min 12

1-2 Alfredo Suárez. Min 78

2-2 Mallu. Min 88

3-2Xurxo. Min 92

3-3 Rodrigo.Min 94

 

Carnota-0- Sofán-3-

Victoria a domicilio do Sofán ante un Carnota que segue de colista e con só un punto. Eloy(min 23), Suso Docampo(min 54) e Pizo (min 64), eran os goleadores.

Eran expulsados Victor Docampo e Marcial polo Sofán, e Nico polo Carnota.

 

Camariñas-7- Esteirana-2-

 

 

 

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí