SANTA COMBA C.F. VERA REDUCIDA A SUBVENCION ATA OS 50.000 EUROS

0
690

Nunha xuntanza levada cabo na Casa do Concello o día 17 de setembro entre directivos do Santa Comba CF, e membros da corporación, o Alcalde confirmoulle os directivos que a subvención para o primeiro equipo quedará en 50.000 euros fronte os 146.540 euros, case 25 millons das antigas pesetas que tiña ata o de agora. Respecto o fútbol base tamén se lle retira a xestión do fútbol base e os 56.540 euros para o seu mantemento. O Concello será a partir de agora o que xestione a canteira de fútbol local co persoal municipal e medios propios.

Imagen activa

O marxe da categoría que ocupa o clube neste intre, desde o novo goberno considerouse desde un primeiro momento desproporcionada e insostenible unha axuda tan elevada a un clube que quintuplica a axuda que reciben os demais clubes do concello xuntos, máis aínda cando a primeira plantilla do Santa Comba CF está integrada case no seu 100% por xogadores de fora do municipio.

 Nesta mesma xuntanza tamén se tratou o reparto de utilización dos campos de fútbol, donde finalmente os representantes municipais e despois dunha larga negociación que rematou preto das dúas da madrugada, cederon as pretensións do Santa Comba CF de utilizar Fontenla para adestrar os venres, xogar co equipo B os sábados e co primeiro equipo os domingos, nunha instalación donde tamén disputa os seus partidos o Xallas FC. Aínda que o concello cedeu ás pretensións do Santa Comba, o alcalde advertiu os directivos que con semejante carga de partidos cando veñan as choivas os campo será un patatal, sin posibilidade de arranxo a corto prazo, máis aínda cando por limitacións presupostarias este ano son foi obxecto das labouras de acondicionamento e aireación habituales de final de tempada e que soen ter uns gastos de preto de  7.000 euros.

FONTE: NOTA DE PRENSA CONCELLO DE SANTA COMBA

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí