Esteirana e Cee seguen pisando forte.
X.M.Lema (xmlema@anosacosta.com)
Segunda xornada da segunda autonómica na Liga da Costa e o Unión Club Cee suma a segunda victoria consecutiva, nesta ocasión fronte o Camariñas, que é un dos tres equipos , xunto co Muros e o Carnota que mantén o seu casilleiro a cero. Os de Manolín comparten liderato co Esteirana que vencía a un dos teóricamente aspirantes, o Baio de Javier Lodeiro. A dous puntos, Castriz, Malpica e Ponteceso que tampouco coñecen a derrota. Nesta xornada anotáronse 27 goles, e foi bastante caseira, cun empate e só unha victoria a domicilio. O fisterrán Mané, con catro dianas na mesma tarde, convírtese en pichichi.
Buño-0- Ponteceso-1-
Un gol de Toniño serviu para que o equipo de Bardanca sumara os seus primeiros tres puntos dunha tempada que se presenta moi ilusionante para os pondalianos. Poideron aumentar a diferencia, a pesares da expulsión do visitante Migueliño. O Ponteceso controlou o encontro aínda que o oleiro Víctor estivo a piques de anotar, nunha bola que Carlos Mato salvaba na liña de gol.
Corme-1-Castriz-1-
Tamén con dez homes se quedou o equipo de García Cancela, logo da expulsión no minuto 21 de Toniño. Adiantábase o Corme cun gol de Felipe de Penalti, e Carliños empataba para o Castriz a falta de trinta minutos para o final. O Castriz sitúase na terceira praza
Esteirana-2- Baio-1-
Os de Esteiro suman o seu segundo maillot amarelo. Esta vez, vencendo ó Baio. O baiés Diego Costa anotaba o 0 a 1 no primeiro treito do partido. Unha das claves estivo nunha pena máxima a prol dos visitantes, que Alberto non poido materializar e que detivo o cancerbeiro Luqui. Aquí naceu a alternativa e a Esteirana doulle a volta “a tortilla” con goles de Damián e Aitor. Os locais Adelino e Maceiras saían lesionados.
Monte Louro-2- Muros-1-
Derbi municipal para o Louro. 1-0 -Tono(min 28).1-1-Seluco(min 48). 2-1- Joja ( min 70) de penalti. Era expulsado o porteiro do Louro, Lupi e maís o visitante Iván.
Fisterra-4-Carnota-1-
O fisterrán Mané foi o grande protagonista da tarde, cun póker de goles. Catro tantos de diferentes xeitos, de vaselina, dun disparo, de penalti, e culminando un pase da morte.
Malpica-2- Sofán-1-
O Sofán lograba adiantarse en A Pedra Queimada cun gol de Baneira que marcaba logo dun corner botado por Pizo. Os sofanistas poideron aumentar a renda pero no segundo tempo o Malpica, conseguiu que os tres puntos quedaran na casa. Primeiro cun golazo de colleita personal de Alfredo. Despois o 2 a 1 definitivo obra de Martuxa.
Partidos desputados o sábado:
Nantón-3-Porteño-3-
Cee-3-Camariñas-2-