LIGA DA COSTA COMENZA CON EXCELENTES EXPECTATIVAS

0
668

 

A Esteirana é o primeiro líder nunha Liga da Costa que comenzaba este domingo e que promete ser emocionante.

Futbol da CostaOu polo menos iso esperamos e o iremos contando en Anosacosta.com e tamén poden seguira a actualidade deportiva, sintonizando desde as tres da tarde Noroeste-Deportivo en Punto Radio, no 107.9 da FM. Poden enviar os seus comentarios a xmlema@anosacosta.com ou a redacción desta web contacto@anosacosta.com. En tódolos encontros houbo goles, en total 24, e os primeiros en acadar unha victoria foron Esteirana, Baio, Castriz,Cee, Sofán,Buño e Malpica. Precisamente o novo líder foi o único conxunto que colleitou unha victoria a domicilio.

Describimos aquí os partidos da Xornada:

U.C. CEE-2- S.D. FISTERRA –0-

O Unión clube Cee gañou nun dos clásicos futbolísticos da Liga da Costa con dous goles   transformados por Dani Freire, no minuto 43 e Yanki no 74,  os dous de respectivos cabezazos. Os de Manolín arrancan a tempada liderando a maioría das quinielas que o sitúan coma candidato o título da Liga da Costa.O Derbi non tivo exento de momentos de brusquedade, que tivo como dato as expulsións de Rubén Fiuza (Cee) e Borja Santos(Fisterra).

C.D.BAIO-2- CAMARIÑAS-0-
O proxecto de Javier Lodeiro en Baio iniciouse cunha victoria fronte a un Camariñas que deixou unha grata impresión e amosouse un conxunto moi traballador.  En poucos minutos e no segundo tempo dous goles de Carlos desequilibraron a balanza. O xogador procedente do San Lorenzo, anotou dous tantos nada máis entrar no terreo de xogo. Primeiro culminando un centro de David Costa e logo aproveitando un rexeite do cancerbeiro palilleiro. Cun gran adestrador coma Lodeiro e co seu potencial, os baieses poden ofrecer grandes cousas a súa afición.

MUROS-1- ESTEIRANA-3-
A Esteirana convírtese no primeiro líder da Liga da Costa, vencendo a domicilio no derbi municipal disputado no muradán campo de Miraflores. Avelino(min.30´e 60´) marcaría os dous primeiros tantos para os visitantes,. Varito acurtaría distancias e o Muros estivo a piques de empatar nun gol de Seluco que foi anulado no medio dunah intensa polémica. O blaugrana Simón definiría o choque no minuto 80. A Esteirana realizou un formidable debut amosando que ten unha valiosa ferramenta no contragolpe.

CASTRIZ-2- MONTE LOURO-0-
Encontro moi disputado no que a S.D.Castriz supera a súa primeira proba  nesta tempada recén estrenada. Ó adestrador, Manuel García Cancela saíronlle ben as cousas e os goles de Suso e Carliños serviron para apuntar tres puntos no casilleiro local e inxectar ánimos o clube xalleiro.

PORTEÑO-1-CORME-1-

Os da Ponte do Porto voltan a Segunda Autonómica e neste cso con reparto de puntos fronte o conxunto percebeiro. Felipe adiantaba o Corme no minuto 20 aproximadamente logo dun remate de cabeza. O Porteño reaccionou espetando catro tiros na madeira. Finalmente foi Manuel quén no minuto 90 conseguíu o empate, materializando unha pena máxima, calificada como dubidosa.

 

 SOFAN-2-NANTÓN-1-

Victoria dos de Chema fronte o Nantón que volve a dirixir Calabanda. Os goles chegaron na segunda metade. Suso resolvía magníficamente, no minuto 60, unha xogada na área que suponía o un a cero. Carlos Vidal empataba e posteriormente era David Baneira o que marcaba o 2-1 definitivo. Os visitantes reclamaron unha falta previa ó porteiro Rizos.

PONTECESO-2-MALPICA-2-

O Ponteceso é outro dos clubes que chaman a atención neste tempada e cotiza alto nas apostas. Onte non pasaba do empate fronte o Malpica. Tres penalties se viron sobre o céspede artificial do Pinguel. O malpicán Alfredo adiantaba os das Sisargas na recta final do primeiro tempo. Despois do refresco Carlos Mato empataba para os pondalianos. Os dous foron desde os once metros. O Ponteceso adiantábase cunha falta lanzada por Rubén que contou coa axuda dun defensa rival. E como broche, chegaría o terceiro penalti, anotado por Charro no minuto 90. Bardanca quedábase cun punto en Ponteceso e Esmorís levaba outro punto para Malpica.

 

BUÑO-2- CARNOTA-1

Excelente inicio do Buño que  amosou algo moi importante: a efectividade. No primeiro cuarto de hora collía distancia con dous goles de Neucha e Richard. O Carnota reduciría distancias por medio de Pablo Beiro no tempo de desconto. Os oleiros deixaron que os visitantes mimaran o balón, e optaron por estar atentos e marcar máis goles que o contrario. Bó inicio.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí