Vive a emoción do Deporte en Anosacosta.com
Comenza o novo curso informativo en Anosacosta. Esta nova tempada queremos facer un novo esforzo para seguir medrando.A pasada tempada cibernética foi moi importante para nós, pero tentaremos que o listón siga quedando máis alto e aparte de que nos sigades acompañando, sexan máis os internautas que se sumen a nosa familia.
Nesta nova etapa imos a facer unha aposta engadida polo deporte. Son moitos os mails que recibimos e que nos piden información sobre a Liga da Costa, o básket, o autocross, etc… Imos a tenta-lo, aínda que somos conscientes de que non será unha misión doada. Na sección de Deportes irás atopando as novidades. Resultados das competicións, e as noticias que vaian aparecendo no programa "NOROESTE-DEPORTIVO" que se emite novamente, de luns a venres en PUNTO RADIO NOROESTE, no 107.9 FM.
Ademáis contaremos cos comentarios dun experto no deporte da comarca, José Manuel Vázquez "Huelvis", que se incorpora ó noso staff. Damos a benvida ó profesor Huelvis, e desexamos que colabore o máis activamente que poida.