O futuro do Santa Comba C.F. en Suspense

0
729

O presidente do Santa Comba C.F. , que milita na terceira división do fútbol galego, pediu un compromiso dos grupos políticos do concello, para que continúe manténdose o acordo económico entre as dúas entidades. José Gerpe considera imprescindible a aportación do concello para que o equipo e as categorías de base sigan activas. Gerpe quere que nesta fin de semana haxa decisións, porque segundo o presidente o clube no pode esperar a que se constitúa a corporación de Santa Comba, o vindeiro 6 de xullo, xa que deben de afrontar negociacións coa plantilla, fichar adestrador e cumprir os trámites de inscripción nas competicións. Se non se renova o apoio, plantéxase dimitir. Aínda que está contactando cos diversos grupos, o máximo dirixente do clube xalleiro, fixo o chamamento desde Punto Radio Noroeste.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí