O Carballo Basket Xiria ascende a PRIMEIRA NACIONAL

0
609

equipo -Comunicouno a Federación Galega de Baloncesto trala negativa do Ourense Capital Termal a disputar a fase de ascenso

Esta mesma mañá a Federación Galega de Baloncesto enviaba un comunicado anunciando a suspensión da Fase Final de ascenso da Segunda División Masculina que tiña que disputarse entre os días 4 e 6 de maio e o ascenso de xeito oficial á Primeira División Masculina do Carballo Básket Xiria. A razon, a renuncia do Ourense Capital Termal (filial do ABO Ourense de Liga EBA) á posibilidade de ascenso e, por conseguinte, a disputar esa Fase Final.

Asi pois os carballeses voltarán a esta categoría na campaña 2012-13, liga que abandonaran na 05-06 logo do ascenso a Liga EBA e na que militaran durante dez temporadas consecutivas. Culmina así un gran campionato do equipo adestrado por Basilio Pampín. Mantendo o bloque que o ano pasado subira de Zonal a 2ª Autonómica , un bloque formado na súa práctica totalidade por xogadores formados nas categorías inferiores (todos agás Luis Gómez), o equipo mantívose nas tres primeiras posicións desde a primeira ata a última xornada. Logrou 16 vitorias e só cedeu 6 derrotas.

Para todo o grupo de xogadores e corpo técnico a nosa noraboa polo éxito acadado.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí