Impresionante triunfo de Carballo Básket

0
619

DSC_0143

Os carballeses  de Xiriavenceron a domicilio o líder da categoría.

B ATOCHA 54 ? CARBALLO BASKET XIRIA 62

Marcador: 14-22, 34-39, 45-41, 54-62

 

O Carballo Básket deu a machada da xornada e derrotou ao imparable CB

Atocha, o líder da categoría que chegaba á cita logo de gañar os

anteriores 13 partidos de xeito consecutivo. Nun último cuarto

perfecto, cunha actuación sobresaínte de Abraham Parcero en ataque e

de José Tato en tarefas defensivas, os de Basilio Pampín lograron unha

vitoria que lles permite manterse na terceira posición e seguir

dependendo de sí mesmos para meterse no play off de ascenso.

De saída o Carballo Básket xogou dez minutos iniciais impecables

controlando o ritmo do partido e mandando dende o inicio. Con Marcos

Molk (11 puntos) e Héctor Añón (6) facendo estragos no aro contrario o

equipo ?verde? conseguía mandar con vantaxes que chegaron ata os 10

puntos. No segundo cuarto houbo festival de triplas. Por parte

carballesa os irmáns Cristóbal (Rubén e Fran) castigaban ao Atocha. No

equipo coruñés era Chavi Suárez, con 3 triplas e 14 puntos nese

período o que daba cumprida resposta. O Carballo Básket logrou marchar

ao descanso por diante no marcador pero cunha marxe pequena (34-39).

O curtocircuito en ataque chegou no terceiro cuarto. Neses dez minutos

o Xiria só foi quen de anotar 2 puntos. O CB Atocha tampouco estaba

moito máis atinado pero nun intre de inspiración de David Pernas (10

dos 11 puntos do seu equipo con 2 triplas incluídas) permitiulle ao

líder da liga poñerse por primeira vez por diante. Sen embargo os

rapaces de Basilio Pampín fixeron borrón e conta nova. Esqueceron a

desfeita do terceiro período e volveron a meterse no partido. No CB

Atocha Pernas e Chavi comezaron a pagar o esforzo (ata o 3º cuarto

anotaran 39 dos 45 puntos do seu equipo) e iso aproveitouno o Xiria

para volver a coller a dianteira. Cun Tato descomunal en defensa (5

tapóns) e grazas ao acerto dende a liña de 3 (2 de Abraham, Tato e

Rubén Cristóbal) o Carballo Básket foi medrando no partido ata

colleitar un triunfo chave.

 

CB ATOCHA 54 (14+20+11+9) Chavi Suárez 21, Roberto, Gonzalo Suárez 6,

Iago López 2, David Pernas 23 -cinco inicial- Carlos, Dani Cabanas,

Iván Suárez, Xurxo, Puente 2

 

CARBALLO BASKET 62 (22+17+2+21) Fran Cristóbal 3, Héctor 10, Abraham

12, Marcos Molk 14, Tato 5 -cinco inicial- Rubén Cristóbal 14, Adrián

Pérez 2, Luis Gómez 2, Fabián, Alessandro, Juan Fernández, Taibo

Pavillón Municipal do Ventorrillo

 

Crónica remitida por Carballo Básket Xiria

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí