Boas sensacións na presentación do Carballo Basket Xiria

0
638

foto equipo O Carballlo Básket Xiria 2011-12 presentouse en sociedade diante do CB Atocha da Coruña.

Unha nova andaina que comezará de xeito oficial o vindeiro domingo 9 de Outubro ás 12 do mediodía diante do CB Culleredo.

Era o momento de presenciar as evolucións dos xogadores que compoñen o plantel dirixido por Basilio Pampín logo de acadar o ascenso á Segunda División Nacional a campaña anterior.

 

317813_2381671297748_1129657988_32835040_128196716_n O traballo defensivo no terceiro cuarto foi o que marcou as diferenzas no partido. A primeira metade resultou moi igualada, cun primeiro cuarto de dominio local cun gran acerto anotador e un segundo cuarto que caeu do lado coruñés, conducido polo tino cara a canastra do ex do Xiria David Pernas Folgar, máximo anotador do partido con 24 puntos. Ao descanso chegouse con empate a 32, pero no terceiro acto o partido quedou rachado. En especial pola boa defensa carballesa que deixou ao seu rival en só 5 puntos nese cuarto e propiciou o despegue definitivo. Os dez puntos de vantaxe ao final do terceiro cuarto mesmo foron aumentando no derradeiro período ata acadar unha máxima diferenza de 20 puntos. José Tato foi a principal referencia local xerando moitas opcións debaixo do taboleiro. Outra gran nova foi ver o estado de forma de Roi Vega que regresaba tres anos despois á disciplina do Carballo Básket Xiria e fíxoo cunha actuación moi satisfactoria, adornada con 11 tantos.

 

CARBALLO BÁSKET XIRIA 72 – CB ATOCHA 54

Marcador: 20-14, 32-32, 47-37, 72-54

 

CARBALLO BÁSKET 72 (20+12+15+25) Fran Cristóbal 5, Bruno Calviño 2, Héctor 5, Marcos Molk 9, José Tato 18 -cinco inicial- Roi Vega 11, Alessandro 8, Juan Fernández 8, Fabián 6, Abraham, Luis

CB ATOCHA 54 (14+18+5+17) Chavi Suárez 8, Gonzalo Suárez 10, Roberto Campos 6, David Pernas 24, Yago López 2 -cinco inicial- Iván, Xurxo Mosquera 2, Puente 2.

Arbitros: Noya e Collado.

Pavillón da Zona Escolar. Por riba do cento de afeccionados na presentación do Carballo Básket Xiria para a temporada 2011-12 a unha semana do comezo do campionato.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí