O club aumentará a súa estructura e recursos nas cateogorías inferiores.
Reproducimos aquí o comunicado que ven a facer o clube Carballo Basket. Unha verdadeira mágoa para todos os rapaces amantes do Baloncesto, que tiñan en Carballo un clube onde poder evolucionar sin ter que marchar da zona:
“
1-A crise económica e a reducción de investimento en patrocinios fixo que os dous últimos anos o volume de ingresos do Carballo Básket Xiria se reducira notablemente. A día de hoxe as previsións para a campaña 2011-12 están lonxe de cubrir o presuposto necesario para continuar coa estrutura de base e manter ao primeiro equipo competindo en EBA.
2-A decisión da directiva é clara. Nas categorías de base non se vai reducir nin un euro o investimento. Manterase todo igual que nestes últimos anos. Polo tanto o equipo de Liga EBA non sairá en competición na temporada 2011-12.
3-O primeiro equipo de Carballo Básket Xiria pasa a ser o ata agora sénior B, que tan brillante tempada fixo o ano pasado acadando o ascenso á Liga FGB.
4-Péchase así un gran ciclo de 5 anos que comezou no 2006 co ascenso deportivo á EBA, anos nos que se paseou o nome de Carballo e de Xiria por Euskadi, Cantabria, Castela e León ou Asturias. O club ven de lograr a súa mellor clasificación histórica co 3º posto conseguido a campaña anterior na que xogou a fase de ascenso a Leb2. Se a situación o permite nun futuro a idea do club será voltar á Liga EBA.
5-Durante estes cinco anos o equipo mantívose nesta categoría nacional grazas ao esforzo inxente de toda a directiva, á aposta dos patrocinadores e ao apoio dos afeccionados. Todos xuntos desfrutamos co mellor baloncesto que se puido ver en toda a historia en Carballo. A todos eles, MOITAS GRAZAS e invitámolos a seguir participando no proxecto de club.
6-O Carballo Básket Xiria seguirá apostando por unha ensinanza de máxima calidade nas categorías inferiores. A renovación de Arturo Ferraces e de todo o corpo técnico ao seu redor amosa o noso compromiso coa base.
7-O camiño trazado cos rapaces seguirá sendo o mesmo, sumando esforzos cos demais clubs da nos área de influencia para seguir sendo o segundo deporte en número de licencias de Carballo e da Comarca de Bergantiños.
“
Máis información en www.carballobasket.es