Rematada a tempada 07-08, rematados os adestramentos, un dos meus mellores amigos díxome que tal me parecería escribir para anosacosta. A verdade é que Molk (Marcos) é unha das poucas persoas que me podería pedir calquera cousa. Tratarei dende aquí o baloncesto, experiencias, vivencias, logros, fracasos…pero hoxe sendo o primeiro artigo comentarei a miña chegada a Carballo, como coñecín os meus mellores amigos. Deixarei para máis adiante outros temas.
Corría máis ou menos o ano 85, e eu era un rapaciño de Laracha que xogaba no Colexio Público Ramón Otero Pedraio. Iniciado por D. Carlos, profesor de ximnasia e home vinculadísimo o basket, comecei tamén a xogar no clube do meu pobo. Pos ben con 6 aniños dei eu os meus primeiros botes.
Coma todo neno desas idades xogaba a infidade de deportes: fútbol, judo, atletismo, natación,…pero chegado o momento tiven que decidir, e a verdade a pesar de ser sempre o máis baixiño eu tiña en mente a pelota grande. De sempre estiven rodeado de mangallóns, Peli, o meu veciño de toda a vida era unha das miñas referencias, xogaba no meu clube e en poucos anos daría o salto ó profesionalismo.
Pasaron os anos, e as cousas en Laracha non foron ben no que se refire á dirección da entidade. Equipos e rapaces habíaos a esgallas, calidade de sobra (os 3 Esmorís, Tuñas, Kamy, Roberto…e ate rapazas como Sonia, Susana, Chus, Marta,…). As cousas non ían ben como dicía, e no Nadal do 89, nunhas xornadas levadas por José María Malvar (que anos despois chegaría ser meu adestrador) meu pai levoume “enchufado”.
Tiña 10 anos, e non podía participar, eran todos maiores de 12, pero gracias o pai de Bencho, que levaba o Patronato ali estaba. Ali coñecín ó primeiro “xigante”: Pacoret. Dende ese día fixáronse en min, e intentaron levarme a onde sería a miña casa ate hoxe, pero eu non quería deixar a miña xente de Laracha. O clube aínda funcionaba. Sen embargo eses meses seguintes todo se veu abaixo. Seguían os contactos e finalmente cheguei a Carballo no 90 da man de Javier Cotelo e Diego Vázquez.
Imposible esquencer a tarde que vin por primeira vez “ós meus”. Nunca estivera tan nervoso. Ía coas miñas mellores galas…que pintiñas…medias altas (hoxe vólvense a levar si!), reebok baixos, camiseta de tiras e pantalón cortísimo, e como non unha “muñequera” no meu brazo esquerdo (hoxe tería un estilo hiperetro jajaja!!!)
Baixei á pista do Fogar e alí había dous grupos en duas canchas distintas. Todos me miraban e falaban, parece ser que sabían de min. Diego díxome entra a canasta…entrei e faloume de novo: moi ben, pasa a aquela pista aquí non fas nada. No outro lado esperábanme os meus novos compañeiros.
Dende aquela entrada ó partido de Zamora van uns 18 anos.