Previa quinta xornada AXENCIA AM BAIO

0
659

Quintopartido de liga dos baieses, terceiro desprazamento e segundo viaxe áprovincia de Pontevedra. O rival será o Gestibérica deVigo, equipo filial do Gestibérica que xoga na liga Adecco LEB Bronce e que xoga os seus partidos en Tui. O partido será osábado e comezará ás 18:00 horas

Difícilexplicar as características dun equipo que cambiou de lugar dexogo unhas horas antes de que comezase a liga. O GestibéricaVigo, denominación do equipo tiña como lugar de xogo opavillón universitario de Vigo, pero nun acordo entre o clubolívico e o equipo tudense, o equipo trasladou os seuspartidos a Tui. Non comezaron ben as cousas para os tudenses, que dascatro primeiras xornadas, só foron capaces de vencer naúltima, dun so punto ó equipo de Monforte de Lemos. Detodolos xeitos, non é un equipo que vaia a estar na partebaixa da liga pois ten plantilla para estar nos postos medios datáboa clasificatoria, sobre todo si participan os xogadoresjuniors. E pode ser que participen na xornada do sábado, poisveñen de rematar a fase previa da liga galega, onde por certo,gañaron todolos seus partidos por auténticas tundas.Iso, unido a xogar na súa pista e ó feito haber gañadona última xornada, confirenlle unha dose de moral grande paraafrontar esta xornada.

 

Paraos baieses a cita do sábado segue sendo coa su partícularhistoria. Sumar unha victoria en Tui, sería seguir aumentandoo record de victorias consecutivas do club e ademais, en caso detriunfo, sería gañar a un dos tres equipos ósque nunca venceu na liga autonómica ( os outros dous son o LaSalle e A Estrada). Non se fían os de Moreira e Lee daclasificación e saben cos partidos fora da casa son todosdifíciles, pero tamén son conscientes de que estánnun bo momento de xogo. Manter esa liña de xogo, con esereparto de puntos no ataque (segundo mellor ataque da liga),lograrcometer poucas perdas de balón e seguir coa boa liñadefensiva (segunda mellor defensa) son claves para sumar ese desexadoquinto triunfo.

Asmalas novas veñen no capítulo de baixas; son seguras asausencias de Adrián Martínez (compromisos familiares) eChavi ( unha elongación muscular) e son serias dúbidasJuane (por traballo) e Deber (problemas físicos). Si Juane eDeber caesen da convocatoria o equipo desprazaríase con sonsete xogadores.Os convocados son:

Bases:Diego Calvo e Óscar

Escoltas:Diego Brandón.

Aleros:Juane? e Juan

Ala/pivots:Deber?

Pivots:Ariel, David Prieto e Diego Álvarez.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí