
Amador Pena e Teresa Castro inauguran o palmarés do 10K da primeira edición da Nestlé Clásica Gandeira de Santa Comba.
A Nestlé Clásica Gandeira de Santa Comba pretende instalarse con forza no calendario atlético galego, iniciando a súa andaina cun éxito de participación e organizativo que culminou coas victorias absolutas na distancia de 10k de 2 dos máis importantes representantes dos atletismo amateur galego nesta especialidade, Amador Pena na Categoría masculina e a mundialista Teresa Castro en categoría feminina.
Antes de que case 200 corredores afrontaran a proba raiña da xornada, outros 270 atletas de diversas idades participaron nas probas previas, de escolares e 3K, nunha magnífica xornada no climatolóxico no Campo da Feira de Santa Comba.
Nos 10k, os » máis xenuinos de Galicia», alternaban asfalto e terra, polas parroquias xalleiras de Santa Comba é Alón, atravesando no km 3 unha explotación gandeira, a SAT Os Agros de Alvarín, de 400 vacas de alta producción láctea en pleno «almorzo» vacuno, xerando imaxes de gran beleza cos atletas en pleno esforzo.
O calor e os ritmos altos fixeron mella nos atletas e o último km en subida pola » Costa de Papamoscas» destrozou a casi todos, menos o triunvirato que peleaba pola victoria Masculina, que se quedou en dúo en plena costa, do que Amador Pena resultou vencedor no sprint final.

Na categoría feminina, Teresa Castro, pese á diferencia coas súas competidoras, admitiu que sufriu polo calor e por equivocar os ritmos, co que a Papamoscas se lle fixo eterna.
O rosario de corredores foi chegando coa satisfacción de superar o reto, e agradecendo a singularidade dos paisaxes e percorrido da proba de Santa Comba.
A Concelleira de Deportes Silvia Cancela e a Alcaldesa María Pose amosáronse moi satisfeitas e ilusionadas pola aposta feita polo atletismo, vinculando a proba ao sector gandeiro da localidade.
Agradeceron a colaboración dos clubes Santa Compaña de ciclismo, CorreXallas de Atletismo, dos máis de 50 voluntarios e voluntarias que se desviviron por cada detalle para os participantes, dos socios da SAT Os Agros e de Nestlé, multinacional alimenticia que valorou a proposta deportiva do Concello de Santa Comba para pór en valor o traballo dos gandeiros da zona e a gran calidade do leite que producen.
Fonte-Nota de prensa concello de Santa Comba