A Escola Basket Xiria comeza os actos do 30 aniversario

0
930

A sección de baloncesto da Agrupación Deportiva Xiria, hoxe coñecida co nome de Escola de Basket Xiria, prepárase para celebrar o 30 aniversario da súa creación, polo que a xunta directiva, que preside Diego Vázquez, comezou a planificar o programa cunha serie de actos para recordar a histórica data.

Haberá un partido de exhibición ente o Leyma Basquet Coruña e o COB Ourense, ambos da Liga Adecco Ouro, o próximo día 29, e unha cea baile de Amigos do Bastet, o 28 de febreiro. Ademais pretenden organizar algunha fase dos torneos oficiais e a Gala de baloncesto, no mes de agosto ou setembro.

De todos os xeitos, o número de actos podería incrementarse ao longo da presente campaña.

Baile

O presidente do Basket Xiria, Diego Vázquez, comentou sobre a cea baile: «Queremos facer un chamamento a todos os que dalgunha maneira simpatizades con este deporte ou que fostes e sodes partícipes nalgún momento deste club para que compartades connosco este aniversario».

Para a cea baile, que terá lugar o día 28 de febreiro no pazo Vilar de Francos, pódense facer as reservas ata o día 15 de febreiro nas oficinas do pavillón IES Parga Pondal, na web carballobasket.es ou no correo electrónico club@carballobasket.es.

Tamén destaca Diego Vázquez: «O baloncesto introduciuse na nosa bisbarra por medio de Xiria. Naqueles primeiros dez anos, integrados nunha entidade multideportiva, comezaron a formarse equipos para enfrontarse a colexios, na súa maior parte da Coruña», apuntou. «Os comezos sempre son difíciles -di-, e por iso é especialmente meritorio o compromiso daqueles xogadores que adestraban ao aire libre e dos adestradores, que traballaban de maneira altruísta».

Segunda decenio

Para o presidente do Basket Xiria, «no segundo decenio asentáronse as bases para unha estrutura máis forte, con máis equipos. Vivimos un momento clave con ascenso do equipo sénior da categoría zonal á autonómica, o que marcou un rumbo competitivo nas seguintes plantillas ata permanecer asiduamente na Primeira División Nacional».

Conclúe Vázquez Reino que «o período 2005-2015, seguramente foi o máis relevante na historia da entidade, vén marcado por un fito histórico o 7 de maio do 2006 asinando o ascenso á liga EBA». Pero tampouco se esquece doutros logros deportivos, como os júniores da campaña 2004-2005 con título autonómico ou os infantís da pasada tempada co galardón galego e participación no campionato de España, marcaron coa profesionalización do club «todas as súas estruturas, o afianzamento da entidade como referente no baloncesto galego», expuxo tamén.

A directiva do Escola de Basket Xiria de Carballo pretende que este aniversario, cuxo logotipo é obra do deseñador carballés Alberte Sánchez Regueiro, sexa de todos e por iso preténdese contar coa familia do baloncesto en cada un dos actos que van formar parte do programa.

Esto é o que se publica na súa web:

Xa queda moi atrás a tempada 1985/1986. Nesas datas a ASOCIACIÓN DEPORTIVA XIRIA decidiu incluír o baloncesto na súa oferta deportiva para os mozos. O 25 de xuño de 1985, a directiva, presidida por Gema Paz Bello, inscribía os equipos cadetes masculino e feminino na Federación Coruñesa de Baloncesto.

Por tanto, este ano 2015, cúmprese o 30 aniversario da fundación da Escola Basket Xiria en Carballo.

Dende a directiva do clube, celebrarase o primeiro evento conmemorativo deste aniversario, o próximo día 28 de Febreiro, Sábado, coa realización dunha CEA BAILE no Pazo de Vilar de Francos a partires das nove da noite.

Esta cea quere servir de reencontro para moitos dos Xogadores, Adestradores, Aficionados e Colaboradores destes 30 anos de Historia do Baloncesto en Carballo, e estanse a preparar moitas sorpresas para este día.

ESTÁS INVITADO A ASISTIR!!!

Carta do Presidente Diego Vázquez Reino

Debido ó aforo limitado, é necesario reservar antes do 15 de Febreiro o teu sitio (e acompañantes no seu caso)

DATA DA CEA: Sábado 28 de Febreiro
HORA: Benvida a partires das 21:00 horas, para comezar a cea ás 22:00 h
LUGAR: Pazo de Vilar de Francos http://www.lapenela.com/pazos/pazo_de_villar_de_francos/
PREZO:25 €

IDADE MÍNIMA PARA ASISTIR: 14 ANOS

FORMA DE PAGO:

  • Transferencia: La Caixa ES 28-2100-6235-9002-0006-6901

  • Con tarxeta ou Paypal no botón DONAR que está na parte dereita da páxina principal (Poñendo como finalidade os nomes e teléfono dos asistentes) ou a través do seguinte enlace: http://www.carballobasket.es/donar/

PUNTO DE RECOLLIDA PREVIO PAGO:

  • OFICINA PABELLÓN IES PARGA PONDAL CON XUSTIFICANTE DE PAGO
  • CONSULTA ÓS ENTRENADORES
  • POR INTERNET : ENVIANDO XUSTIFICANTE DE PAGO A CLUB@CARBALLOBASKET.ES

 

Todos os asistentes recibirán unha entrada que permitirá o acceso ó Pazo , así como a participación en diversos sorteos que se realizarán durante o evento.

MENÚ:

– Aperitivos a compartir en centro de mesa: empanada, croquetas, brochetas, ensaladilla, piquillos

– Ternera Asada “La Penela”

– Lingote de Queso con frutos del bosque  – Cafés, infusiones, licores

Vinos Albariño y Rioja, refrescos, cerveza y agua

Mesas de 10 -12 comensais

Horario comezo: 21:00 h – Hora máximo fin: 04:00 h

EDAD MÍNIMA PARA ASISTIR: 14 anos

infocena2

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí