O PP de CARBALLO ven de publicar unha nota de prensa que reproducimos en Anosacosta.com
Despois de asistir a un Pleno onde non se explicaron as razóns que motivan un incremento do 266% das adicacións dos concelleiros.
O PP DE CARBALLO CONSIDERA INAPROPIADAS E SEN NINGUNHA XUSTIFICACION AS OITO ADICACIÓNS DO GOBERNO MUNICIPAL
• Considera totalmente demágoxica e cínica a postura do alcalde. O criterio de cobrar o mesmo que na sua actividade anterior, que vale para él, non é aplicado para o resto dos concelleiros.
• Excepto unha, todolos concelleiros do goberno verán aumentadas as suas retribucións respecto o que viñan cobrando nas suas actividades anteriores ó acceder o Concello.
• O despropósito e tal que algunhas áreas, que nin siquer tiveron concelleiro no pasado goberno, pasan a ter adicación parcial con un salario de mais de 18.000€ anuais.
• Non éxiste ningun goberno municipal que rexistre un aumento das adicacións exclusivas e parciais de tal magnitude.
Despois de celebrado o Pleno da corporación do pasado mércores, quedou totalmente claro que non existe ningunha explicación nen xustificación ó aumento das adicacións dos concelleiros do goberno, excepto os intereses internos dos partidos do goberno.
En dita sesión o alcalde adicouse a desviar a cuestión decindo que no futuro todo o goberno debería ter adicación exclusiva, namentras o seu teniente de alcalde, o socialista Viña, reclamou o dererito a decidir por el mesmo a cuantía do seu salario.
Nun alarde de demagoxia desde o BNG afirman que non se debe discutir nos plenos dos soldos dos concelleiros, sen lembrar que durante os seus anos de oposición precisamente foi ese un dos seus principais argumentos.
O Concello de Carballo terá un coste anual de soldos de concelleiros de caseque 354.000 € ( 58.900.000 €). Despois de non ser quén de chegar a ningún acordo co persoal do concello para a firma do convenio colectivo, incrementan en mais dun 148% os recursos para as adicacións exclusivas.
Asemesmo autorizouse a contratación de dous membros de gabinete, un para cada grupo, que farán funcións de secretarios do acalde e do tenente de alcalde, nun reparto que non resposta as necesidades do goberno senon a criterios de interes de partido.
O PP denunciou o oscurantismo e a falla de transparencia do Alcalde nesta materia, por ten un xornalista contratado para o seu servizo a través de unha empresa externa ,que non aparece entre o persoal do seu gabinete, e que estamos pagando todolos carballeses.
Débese lembrar que tanto o BNG coma o PSOE, dende a oposición, votaron en contra sempre, cando o PP propoñía tres adicacións exclusivas e a contratación de unha persoa para a secretaría do Alcalde.
Opina en Anosacosta.com acerca desta nota de prensa.