Sprint final para o tripartito.

0
1036

Os representantes dos tres partidos que tentan formar un tripartito ultiman o pacto. A disposición é boa aínda que existen escollos que salvar antes do pleno de investidura que se celebrará mañán, as 11h. A composición da cámara xalleira queda do seguinte xeito- PP-8- IxSC-4-TEXA-3-e PSOE-2-.

A oferta do PSOE segue enriba da mesa e hoxe, xoves, as 21,30h. celebraráse unha última xuntanza entre os tres grupos. Os Independentes  teñen tamén a súa propia oferta consistente en que Miguel Pérez sexa alcalde dous anos e os socialistas outros dous. Segundo estas fontes Ucha Velo gobernaría os dous primeiros anos.  Os Independentes eliminaron da súa proposta inicial, a esixencia de que un asesor xurídico vele polo cumprimento do pacto e que os compromisos de investimentos teñan un respaldo documental asinado. Agora basta coa "palabra" de Ucha.Cadaquén, incluido TEXA, defenderá a súa postura aínda que as distintas fontes consultadas apostan finalmente por un entendemento. O Partido Popular prepárase "para facer unha oposición digna". Hoxe os socialistas distribuiron uns pasquíns por Santa Comba, convidando ós veciños a que acudiran mañán a sesión plenaria. Desde a agrupación local houbo quén aconsellou que na xuntanza de hoxe non estivera o anunciado negociador, Moisés Rey, que con toda probabilidade non se achegará esta noite a Capital do Xallas. Salvo grandes sorpresas esta noite quedará visto para sentencia o pacto tripartito.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí