O candidato do BNG a alcaldía de Corcubión e histórico dirixente nacionalista na Costa da Morte Rafael Mouzo Lago defendeu na sintonía de Punto Radio Noroeste a posibilidade de que BNG e PP poidan establecer pactos de gobernabilidade nos concellos. "En democracia todo é posible. Temos que desfacernos da idea de que o PP e residual e non é capaz de pactar con outras forzas políticas. Quérense abrir para non quedar ó marxe. Nos concellos o que máis se valoran son as personas e os programas se axustan" asegura Mouzo Lago. O ex-alcalde de Corcubión tamén está convencido de "nos gobernos dos concellos o 90 por cento é xestión e a carga ideolóxica queda nun dez por cento". Na Costa da Morte existe una moi probable posibilidade de que o BNG e o PP logren un acordo no concello de Corcubión. Un pouco máis difícil, pero non imposible, sería tamén un acordo entre populares e nacionalistas en Vimianzo.