Alberto Romar: ”Agora mesmo a prioridade é a organización”

0
1081

//Xosé Manuel Lema @xmlema//

Alberto Romar accederá á alcaldía de Santa Comba o vindeiro 17 de xuño despois de obter unha maioría absoluta histórica. Os socialistas terán sete concelleiros e os populares seis.

Nunha video entrevista no espazo “A Trencha” de Adiante TV, o líder dos socialistas xalleiros deixou claro que quere aplicar unha nova xestión política:”O pobo pediu cambio a van a ter cambio. Quero acabar co costumes que levamos vivindo nos últimos trinta anos”.

Para acadar o seu propósito considera que “a chave de todo son os traballadores municipais”, cós que xa está contactando e ós que quere escoitar.

A pesar da súa importante vitoria non se amosa demasiado efusivo:”Eu vou a estar contento dentro de dous anos cando o noso concello avance”. Está convencido de que “vimos para gobernar moitísimos anos”.

Para Alberto Romar “agora mesmo á prioridade é a organización das diferentes áreas”.

Tamén adianta que quere aprobar a primeiros de anos uns orzamentos “realistas e moi valientes”.

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí