
O grupo socialista de Santa Comba, encabezado polo seu portavoz, Carlos Turnes Romero, presentou unha moción para que se debata no próximo pleno.
Piden que se arranxen as instalacións deportivas da parroquia de Ser diante do seu estado de abandono e de falta de limpeza, o que supón tamén un “perigo para a integridade física”.
“Solicitamos que o actual equipo de goberno supervise o risco para a integridade física que supón ter instalacións como estas nunha situación de total abandono en lugar de estar centrado en actos partidistas como o #ObxectivoRural ou en organizar formacións nada útiles para as veciñas e veciños como o curso de Patrón de Barco” manifestan desde o PSOE.
En datas recentes, os socialistas xalleiros denunciaban a falta de información dos paneis informativos do concello, criticaban a xestión do departamento de Deportes e o abandono de varias áreas naturais do concello.

[…] Como es habitual habrá turno de mociones, ruegos y preguntas. En días pasados el PSOE anunció que presentaba una moción para solucionar deficiencias en la parroquia de Ser. […]