O presidente da Asociación de empresarios de Santa Comba, Alberto Romar, fixo entrega do premio da campaña “ mercar e viaxar, todo é gañar”, celebrada dende o 22 ao 31 de agosto e na cal participaron 50 comercios asociados.
O premio recaeu en Inmaculada que mercou no comercio nicrariense Lúa Moda , no cal a súa propietaria, Dona Victoria García se mostrou moi ilusionada co feito de repartir este “ premiazo” entre os seus clientes.
A afortunada foi Macu, que disfrutará dunha viaxe a Gran Canaria en réxime de media pensión en hotel de 4 estrelas durante 7 xornadas.O acto de entrega levouse a cabo na tenda asociada Viaxes Amarelle, local onde se realizou a compra da viaxe.
Dende a asociación de empresarios de Santa Comba, queren agradecer a alta participación nesta campaña realizada, “a cal dinamiza o pequeno comercio incentivando as compras no mesmo”