Mazaricos promociona a ruta ornitolóxica en Fitur

0
2171

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro está a promocionar en Mazaricos a ruta ornitolóxica que o Concello financiou con fondos propios e que vén de constituírse.


Para Blanco é “fundamental” aproveitar a “plataforma que é FITUR” para “difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos”.

Por iso, o rexedor está a ponerse en contacto con diversos operadores para presentarlles a senda paisaxística e ornitolóxica e tamén as potencialidades xeográficas, paisaxísticas e de servizos da vila. “É importante que continuemos a profundar na difusión do tramo de Camiño ao seu paso por Mazaricos”, explicou. A ruta pode consultarse na web de turismo no Concello pero tamén hai folletos físicos.


Moura da Costa da Morte


Por outra banda, en calidade de presidente da CMAT, o mazaricán levou a cabo unha presentación no stand de Galicia e presentou á Moura da Costa da Morte como “elemento diferenciador e para fortalecer a imaxe da marca que ten que ver con ese patrimonio inmaterial, con ese halo de misterio, maxia e espiritualidade tan acentuado no noso territorio”.

Así este “personaxe mitolóxico será a partires de agora a guía e embaixadora da Costa da Morte”. Blanco resaltou a “coherencia das políticas e proxectos da CMAT” para “contribuír á posta en valor e posicionamento dos nosos valores identitarios”.

Ao fío disto explicou que a valorización do patrimonio inmaterial da zona constituíu “unha das prioridades do plan de acción establecido para o turismo na Costa da Morte, que acadou grandes cotas de participación a nivel público e privado”.

Fonte- Concello de Mazaricos